Previa SD Juvenil vs EFF Rosalía 1º jornada senior

Hoxe as 19:30 no Municipal de Pardellas comezamos unha nova aventura como clube de fútbol, tras ano e medio de actividade primeiro cun Campus de captación e logo ca nosa primeira experiencia con equipo alevín e outro benxamín dentro da estructura da AD Bosco, pechamos o círculo antes do planeado nos nosos plantexamentos iniciais facendo debutar a un equipo do noso clube en categoría senior.

Debido a esa precipitación comezamos co problema de que tres das nosas xogadoras todavía non poden tramitar a sua licencia por non ser todavía o seu 12 cumpreanos. A esa dificultade añadímoslle que nos falta documentación para inscribir a Patricia, chamada a ser unha importante xogadora da nosa plantilla e a lesión por accidente doméstico de Alba Nóvoa… todo esto unido a pouca pretempada realizada xa que o plantexamento inicial era participar na liga de fútbol 7, fai que o partido de hoxe chegue para nós antes do desexado.

O que temos seguro e que ilusión e gañas por desfrutar da pelota e de por a primeira pedra no noso clube non vai faltar nin no verde, nin no banquiño, nin na grada do Municipal de Pardellas… A disfrutalo!!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content