A EFF Rosalía vence no Novo Miradoiro de Beade cun solitario gol de Laura Añón e alcanza o liderado.
A Escola de Fútbol Femenino Rosalía protagonizou esta fin de semana unha importante fazaña deportiva ao impoñerse por 0-1 ao Lóstrego “B” nun duelo directo polo liderato. O encontro, moi disputado e vibrante, enfrontaba aos dous conxuntos máis regulares do campionato. Co triunfo, as pontinas sitúanse agora primeiras en solitario.
O choque estivo marcado pola oposición de dous plantexamentos moi diferentes. O Lóstrego apostou desde o inicio polos envíos directos ás súas dianteiras tras cada recuperación, buscando sorprender á espalda da defensa visitante. Noso equipo, pola súa parte, mantivo a súa aposta polo xogo combinativo. A primeira metade foi un pulso continuo. As locais lograron crear sensación de perigo coa súa verticalidade e incluso chegaron a adiantarse no minuto 18, pero o tanto foi anulado polo colexiado, Gómez Flores. Co paso dos minutos, o equipo de Alberto Tamayo medrou no partido ata atopar premio ao seu cuarto saque de esquina. No minuto 36, Bouzas executou un córner preciso ao corazón da área pequena, onde apareceu Añón para conectar un cabezazo impecable que acabou no fondo da portería local. Un gol de auténtica especialista que acabaría sendo definitivo.
Superioridade pontina tras o descanso
Na segunda parte mantívose a mesma dinámica: o equipo pontino tomou o control do xogo e dispuxo das ocasións máis claras, mentres o Lóstrego insistía en sorprender con fútbol directo. As pontinas gozaron de até tres oportunidades moi nítidas, incluído outro remate de Añón nunha falta lateral que saíu rozando o poste. A solidez defensiva do Rosalía bloqueou os derradeiros intentos do Lóstrego, que non logrou xerar perigo claro no tramo final.
“Este equipo cre no que fai e merece este liderado, pero non é definitivo. Seguimos paso a paso”, Alberto Tamayo
O novo liderado é azul
Co triunfo, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía suma tres puntos fundamentais que lle permiten situarse líder en solitario, superando a un rival directo nun partido de moita intensidade e nivel competitivo. A próxima xornada, noso equipo será a oportunidade a afianzar ese posto recibindo a Orzán “B” no Municipal de Oira.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino