Rosalía golea ao Tomiño en Oira

As cadetes pontinas asinaron un partido moi completo, con eficacia arriba e solidez defensiva, para sumar un triunfo contundente en Ourense.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía Cadete impúxose con claridade ao Tomiño no campo de Oira, nun encontro que deixou sentenciado antes do descanso e que as locais remataron cunha gran segunda parte. O equipo pontino combinou bo xogo colectivo, presión alta e pegada para pechar un 7-0 no partido adiado do pasado 31 de xaneiro (xornada 12) da Liga Galega Cadete (Grupo IV).

O partido arrincou con aviso local. No minuto 6’, Amelia probou a Nerea, que blocou en dous tempos. Tres minutos despois chegou o 1-0 tras unha acción coral nada desde atrás, culminada por Amelia tras superar a liña defensiva e definir con acerto ( minuto 9’). O gol deu confianza ás nosas, aínda que o Tomiño tivo a súa mellor chegada un minuto despois do cuarto de hora, con centro desde a esquerda de Alba Lorenzo que Ainhoa Lemos rematou de socato, atopándose cunha gran intervención de Noa para desviar a córner. A partir de aí, o duelo volveu tinguirse de local. Claudia ampliou a vantaxe no 21’ ao gañar as costas e resolver o man a man (2-0). O Tomiño respondeu a balón parado un minuto despois, nunha falta afastada que terminou cunha ocasión clara que Noa desactivou. Antes do descanso,o conxunto de Javier Alonso volveu golpear cun ataque rápido e triangulado. Antía, Sara e Amelia conectaron para deixar a Alma soa ante Nerea e asinar o 3-0 no 28’. Co partido controlado, as pontinas aínda rozaron o cuarto, cun disparo de Alma desde a frontal e o primeiro tempo pechouse cunha falta de Tihtina blocada sen problemas por Noa.

Tras o paso por vestiarios, nos cadete foi directao por máis. No minuto 41’, primeiro Xiana obrigou a intervir á gardameta rival tras un centro de Sara e na continuación da xogada Cayetana culminou o ataque cun disparo desde o flanco esquerdo para o 4-0. O dominio local mantívose coa defensa instalada en bloque alto, e tres minutos depois Xiana estrelou un disparo no pau tras un córner botado por Alma. O 5-0 chegou no 47’ noutra transición precisa. Sabela atopou a Sara ao espazo pola dereita e o seu pase ‘da morte’ empuxouno Claudia para completar o seu dobrete. Co encontro roto, Alma marcou o 6-0 tras cazar un balón de María ás costas da zaga e Amelia pechou a goleada no minuto 67’ cunha acción individual, entrando na área e colocando un dereitazo por arriba para o 7-0 definitivo.
O Tomiño tentouno nos minutos finais, cun disparo desviado de Ainhoa Lemos (70’) e unha internada de Alba Lorenzo que Noa blocou con seguridade (77’), pero noso cadete non concedeu e asinou un triunfo redondo no municipal de Oira.

FICHA TÉCNICA
7-Rosalía: Noa, Sabela, Antía Rodríguez, Claudia, Amelia, Alma, Irene, Elena, Cayetana, Sofía e Victoria. Tamén xogaron: Sara Fernández, María Sofía, Candela, Xiana e María.
0-Tomiño: Nerea, María, Vera, Ainhoa, Tihtina, Aitana, Alejandra, Alba, Noemí, Sofía e Lidia. Tamén xogaron: Ainhoa Vázquez, Valeria, Carlota, Marta e Anair.

Goles:
1-0 (min. 9) Amelia
2-0 (min. 21) Claudia
3-0 (min. 28) Alma
4-0 (min. 41) Cayetana
5-0 (min. 47) Claudia
6-0 (min. 53) Alma
7-0 (min. 67) Amelia

Clasificación

Vídeo: Partido completo.

Check Also

Derrota do Cadete ante o colíder en Vigo

O Lóstrego impuxo a súa pegada no primeiro partido do ano tras o parón do …

Ir o contido