Rosalía impón a súa lei e supera ao Mos cun triunfo sólido

Os goles de Amelia, Irene e Alma certificaron un 3-0 sen concesións, nun partido que as ‘azuis’ non viron peligrar en ningún momento.

O encontro arrincou moi igualado, con ambos os equipos tentando levar o peso do xogo. Con todo, a partir do minuto 20, Rosalía deu un paso adiante, apropiouse do balón e controlou o partido sen permitir ao seu rival xerar unha soa ocasión clara en todo o choque.

As primeiras chegadas foron para as ‘azuis’. Irene avisou cun tiro desviado tras un córner no minuto 18′ e, un minuto despois, Candela López probou desde fóra da área, pero María blocou con seguridade. A insistencia tivo premio ao redor da media hora, cando un balón á carreira de Amelia terminou no 1-0 tras a saída da gardameta, cuxo despexe acabou converténdose nun infortunado rebote que finalizou dentro da portería (1-0).

Rosalía acelera tras o descanso
Tras o paso por vestiarios, o conxunto das ‘avellas’ tentou estirar liñas coa defensa máis alta, pero pronto noso cadete volveu asentarse. O golpe definitivo chegou no minuto 54’. Boa combinación entre África e Xiana, centro desta ao punto de penalti e Irene apareceu para rematar e asinar o 2-0. Apenas un minuto máis tarde, unha parede entre Candela e Irene terminou cun disparo de Candela que María desviou ao poste con outra gran intervención. O partido quedou aínda máis encarrilado cando Mos quedou con dez pola expulsión de Maida (67’). Aínda así, o conxunto de Javi Alonso mantivo o mesmo plan, presión, recuperacións en campo rival e verticalidade. María volveu soster ás visitantes cunha parada ao chute de Sara no 75’ e, xa no tramo final, o Mos evitou o gol sobre a liña nun córner que Amelia rematou de bolea e Valey despexou in extremis. A sentenza chegou na última acción. Recuperación de Ainhoa en zona alta, combinación con Amelia e asistencia para que Alma cruzase o balón e puxese o 3-0 co asubío final.

FICHA TÉCNICA
3-Rosalía: Noa, Sabela Gómez, Antía Rodríguez, Sara, Amelia, Alma, Candela López, Ainhoa, Irene, Xiana, Vitoria. Tamén xogaron: María Sofía, Elena , Cayetana , África e María Vázquez.
0-Mos: María, Maida, Daniela, Carla, Claudia, Cynthia, Valey, Marta, Sabela, Carmen e Emma. Tamén xogaron: Navia, Naiara, Ainhoa, Sara, Valeria.

Goles:
1-0 (min. 30) Amelia
2-0 (min. 54) Irene
3-0 (min. 80) Alma

Tarxetas:
Amarela (min. 62) Maida
Amarela (min. 67) Maida

Check Also

Castigo máximo á mínima: dous erros e dous golpeos deciden

Dous erros temperáns castigaron ás pontinas e o Celta sentenciou tras o descanso a pesar …

Ir o contido