Rosalía manda desde o inicio e supera ao Xallas

A presión en bloque alto e os goles de Noui, Aldarita e Sampi asinaron o triunfo en Oira, segunda vitoria consecutiva nesta segunda volta.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non cede no pulso que mantén pola liga e mantense no podium do campionato. As de Tamayo golearon ao Xallas e encadean 10 partidos sen coñecer a derrota en casa, e sumaron no Municipal de Oira a súa segunda vitoria consecutiva na segunda parte do campionato. O noso equipo dominou de principio a fin e asinou un gran partido rubricado con tres goles, aínda que puideron ser máis. As autoras foron Noui, Aldarita e Sampi. Especialmente bonitos foron os tantos da dianteira e a centrocampista con senllos disparos que se coaron pola escuadra da portería visitante.

Rosalía saíu decidida a levar o peso do partido desde o primeiro minuto e conseguiuno: dominou cunha presión alta, controlou o ritmo e apenas concedeu ocasións. O plan atopou premio moi pronto. No 3’, tras un saque de banda de Sampi e unha combinación rápida, Noa acomodouse o balón e cravou un golazo á escuadra desde o pico da área para abrir o marcador (1-0). Con vantaxe, o equipo mantivo o mesmo guion: posesión con intención, recuperación tras perda e presenza en campo rival. Nair probou desde a frontal no 10’ e, xa no 20’, chegou o segundo. Recuperación de Añón en tres cuartos, acción individual pola esquerda e centro medido para que Aldarita, chegando desde segunda liña, ampliase a renda. Á media hora de xogo, Bouzas probou sorte entre duas defensas nque resolveu Rosio despexando, mentres Noui rozou o terceiro cun centro de Sampi que non acertou a converter en boca de gol tres minutos despois.

“Non é só marcar, é non conceder. O equipo estivo sólido, concentrado”, Alberto Tamayo.

Control e sentenza tras o descanso
Na continuación, o Xallas tentou adiantar liñas, pero o noso equipo sostivo o control do encontro e foi crecendo en chegadas. Rosio, a gardameta visitante, evitou o gol en varias accións de mérito: primeiro ante Bouzas (51’), despois nun tiro de Sampi (57’) e, especialmente, cun paradón a Aldarita desde a frontal (62’). A sentenza chegou no minuto 70’. Tras unha recuperación de Sampi despois dun saque de banda rival, a atacante avanzou desde a esquerda e conectou un derechazo desde o bordo da área directo á escuadra para o 3-0. Co partido encarrilado, Rosalía xestionou o tramo final sen sobresaltos e pechou un triunfo contundente en Oira.

Ao termo do encontro, Alberto Tamayo subliñou a importancia do momento: “Esta segunda vitoria seguida na segunda volta refórzanos. Queremos manter esta liña de intensidade e ambición”.

Vídeo: Partido completo

FICHA TÉCNICA
3-Rosalía: Karla, Nair (Antía, 58′), Aldarita, Noa, Zaira (Sabela, 46′), Xampi, Mihret (Losada, 69′), Añón, Noui (Antía Rguez, 58′), Miriam (Sanmiguel, 69′) e Bouzas.
0-Xallas: Rosio, Carla, Graciela (Noelia, 59′), Ainhoa (Soraya, 68′), Silvia, Paula (Valeria, 39′), María, Olalla, Claudia, Sara e Claudia (Daniela, 68′) Espasadín.

Goles:
1-0 (min. 3): Noui
2-0 (min. 20): Aldarita
3-0 (min. 70): Sampi

Tarxetas:
Amarela (min. 76) Silvia

Clasificación

Check Also

Vitoria CF ‘B’–Rosalía: desafío maiúsculo ante o líder

O noso equipo afronta esta tarde na Grela a 18ª xornada do campionato (18.00 h; …

Ir o contido