O sénior asinou unha remontada tardía ante o Sporting Cambre que deixou un 6–2 no marcador e un resaibo a resultado enganoso.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía volteou no Municipal de Oira un choque moi complicado ante o Sporting Cambre con catro tantos no engadido que transformaron un partido espeso na área rival en goleada. O plan visitante —presión alta, roubos en saída e verticalidade— funcionou ata que o físico dixo basta; entón, as pontinas impuxeron pegada e castigaron cada espazo.

O duelo arrincou costa arriba. Aos cinco minutos, unha saída combinada das visitantes rompeu liñas e deixou a Carmen man a man para definir por arriba o 0–1. O noso equipo igualou no 21′ cunha transición limpa que conduciu Mihret, acelerou Aldarita pola dereita e empuxou Noui ao primeiro toque na área pequena. Lú probou sorte desde a frontal dous minutos antes da media hora de xogo, o seu chute, desviado. No 32′, Bouzas executa un córner, o intento de remate de Aldarita termina nun rexeite que a centrocampista remata á cruceta. A pesar do empate, o guion non cambiou para as visitantes, que roubaron varias veces en campo alto e obrigaron a intervir a Karla. Carmén enlaza dúas xogadas como protagonista. A primeira para recuperar e asistir a Lucía, que dispara frouxo e bloca a nosa gardameta e, a segunda, tras recibir un pase de Lucía na o frontal e disparar moi centrado, sen problemas para Karla. Antes do tempo regulamentario, a resposta das de Tamayo. No 44′, Aldarita alcanza un balón longo, escorase demasiado e o seu tiro sae alto e, un minuto despois, unha boa xogada colectiva, termina co centro de Mihret á zona da ‘9’, pero Bouzas remata en semifallo e bloca Xiana sen problemas. Tentouno novamente o Cambre. No minuto 45+2’, outra perda en inicio de xogada permitiu a Lorena asinar o 1–2 antes do descanso.
“Tras o descanso, os axustes tácticos fixeron que o equipo se atopase máis cómodo: melloramos as liñas de pase, gañamos metros e, con máis frescura arriba, chegaron os goles”, Alberto Tamayo, técnico pontino.
Tras o descanso, os movementos tácticos melloraron o control do partido, pero o guion apenas cambiou ata que as locais atoparon osíxeno preto de a hora de xogo. Un contragolpe rápido deixou a Sampi e Nair soas ante a gardameta rival, o remate final da primeira sae alto. Tres minutos despois da hora de xogo chega o empate nunha xogada que inicia Karla, descarga de Noui e definición de Sampi para o 2–2 tras regatear a Xiana no man a man. A gardameta visitante sostivo ao Cambre ante un disparo de Noui que termina en córner (minuto 64’) e que Añón remata alto, pero o impulso xa era local. A cinco do final, outro córner botado por Bouzas termina con cabezazo de Laura Añón no segundo pau para o 3–2. Coas visitantes xustas de pernas, chegou a avalancha final: Añón fixo o 4–2 ao rematar un centro de Antía desde o sector esquerdo, Sampi ampliou ao 5–2 ao recuperar nun erro na saída do balón rival e definir ante Xiana e Aldarita pechou o 6–2 á saída doutro saque de esquina.
Triunfo de peso na táboa e advertencia no xogo. Rosalía deberá corrixir perdas en inicio e xestión da presión rival para evitar sufrimentos innecesarios cando o marcador non acompañe.
FICHA TÉCNICA
6-Rosalía: Karla, Nair (Antía 61′), Lú, Aldarita, Noa (Miriam 48′), Sampi, Mihret (Zaira 72′), Añón, Noui, Bouzas e Aline (Losada 72′).
0-Cambre: Xiana, María, Antía (Candela 65′), Gorety, Lucía, Claudia, Sofía (Luna 83′), Carmen, Carla, Paula e Lorena (Estefanía 64′).
Goles:
0-1 (minuto 5) Carmen
1-1 (minuto 21) Noui
1-2 (minuto 45+2) Lorena
2-2 (minuto 63) Sampi
3-2 (minuto 85) Añón
4-2 (minuto 90+4) Añón
5-2 (minuto 90+5) Sampi
6-2 (minuto 90+7) Aldarita
Tarxetas:
Amarela (minuto 20) Sampi
Amarela (minuto 74) Bouzas




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino