Rosalía-San Pedro: duelo directo polo liderado

O noso equipo busca sumar mañá unha nova vitoria a domicilio (16.15 h; tiivii.gal)

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá domingo unha esixente saída na Xornada 11 da Primeira División Galega Arzúa–Ulloa. O conxunto pontino visita ao Atlético San Pedro (16.15 h, Campo de Fútbol de Añís, tiivii.gal) nun encontro crave entre o primeiro e segundo clasificado da competición.

O equipo dirixido por Alberto Tamayo chega ao partido nun gran momento, con 26 puntos e sen coñecer a derrota nas dez primeiras xornadas. As ‘azuis’ destacaron pola súa solidez ofensiva (con 22 goles como locais e 10 a domicilio) e por un rendemento colectivo moi equilibrado. Alén espera un Atlético San Pedro que suma 25 puntos e posúe unha das dianteiras máis produtivas do campionato.

“O noso obxectivo é manter a liña de regularidade que vimos mostrando”, Alberto Tamayo.

Na previa a este encuentro Alberto Tamayo, que convocou a 16 xogadoras, dixo: “É un partido bonito, deses que te lembran por que adestras e por que compites”. Na lista do técnico non estará , lesionada a pasada xornada, pero volta Nair despois de varias semanas de ausencia.

O rival
O Atlético San Pedro consolidouse como un dos equipos máis perigosos da categoría. Os seus 39 goles nas dez primeiras xornadas confirman a capacidade ofensiva do conxunto local, que conta con xogadoras moi destacadas na táboa de goleadoras: Joana Montouto e Miranda Suárez (8 goles) e Alba Martínez (7). O San Pedro mostrou un alto nivel competitivo como local, o que converte o partido nun dos máis esixentes da tempada para o Rosalía.

Check Also

Lóstrego ‘B’-Rosalía: esixente proba polo liderado

As ourensás visitan esta fin de semana o Novo Mirador de Beade para medirse ao …

Ir o contido