O cadete asina un 9–0 incontestable ante o Ribera e mantén o seu pleno en casa.
As ‘azuis’ impuxeron un dominio total desde o asubío inicial, xogando en campo rival e xerando un aluvión de ocasións. Xa aos 27 minutos o marcador reflectía un 4–0.. Na continuación, o equipo non levantou o pé ampliando a renda. Resultado redondo para un Rosalía que foi superior en todas as fases do xogo.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía saíu con ritmo alto, presión tras perda e amplitude polos costados. Aos tres minutos, Áfrika avisou cunha internada pola esquerda cuxo disparo forzou a Marta a desviar ao poste. Nicole rozou o primeiro no sete tras un centro de Alma. A insistencia tivo premio. Ao cuarto de hora, Sabela colgou desde a dereita, Nicole non chegou por pouco e o rexeite cazouno Irene no punto de penalti para conectar unha volea impecable (1–0). Tres minutos despois, Cayetana recuperou e armou un lategazo desde 20 metros para o 2–0. África, letal ao espazo, fixo o terceiro no vintetrés cun chút que Marta non conseguiu rexeitar tras unha boa xogada colectiva en ataque e no 27, Irene culminou outra gran acción pola dereita de Alma (4–0).

Tras o descanso, mesma tónica. Bloque alto e chegadas constantes, ainda que o ritmo de jogo baixou. Cayetana asinou un dobrete exprés. Primeiro cun canonazo desde 22 metros aos nove minutos da reanudación e logo presionando, roubando na frontal e definindo no man a man (minuto 52’). Nicole uniuse á festa con dúas dianas en catro minutos. Zurdazo de primeiras na zona da ‘9’ a centro de Cayetana (minuto 64’) e unha preciosa parede con Alma que a deixouna soa para cruzar ao pau longo. Na recta final, un despexe defectuoso da gardameta aproveitouno de novo Cayetana para selar o 9–0 desde a esquina da área a un minuto do final.
FICHA TÉCNICA
9-EFF Rosalía: Noa, Sabela, Antía, Nicole, Alma, María Sofía, Irene, Elena, Cayetana, Vitoria e África. Tamén participaron: Claudia, Sara, Candela, Sofía Vázquez e Ainhoa.
0-Ribera: Marta, Uxía, Inés, Zoe, Antía, Ainoa, Eva, Uxía, Noelia, Mar e Lara. Tamén xogaron: Cloe e Daniela.
Goles:
1-0 (minuto 15) Irene
2-0 (minuto 18) Cayetana
3-0 (minuto 23) África
4-0 (minuto 27) Irene
5-0 (minuto 49) Cayetana
6-0 (minuto 52) Cayetana
7-0 (minuto 64) Nicole
8-0 (minuto 66) Nicole
9-0 (minuto 79) Cayetana




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino