Vilalonga ‘B’-Rosalía: esixente saída para abrir a segunda volta

O noso equipo afronta a domicilio a xornada 16 do campionato no primeiro partido da segunda volta (O Cruceiro; 12:30h).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía arrinca a segunda volta da liga co seu segundo encontro consecutivo fóra de casa. En fronte estará o Vilalonga ‘B’. Partido maiúsculo. As de Alberto Tamayo chegan como líderes tras 15 xornadas, con 38 puntos e un balance global de 12 vitorias, 2 empates e 1 derrota.

O partido chega cun precedente recente moi marcado: na primeira volta, no municipal de Oira, Vilalonga ‘B’ caeu derrotado por 4-1. Os goles foron de Laura Iglesias para as lilainas, Bouzas (2), Aldarita e Losada, que lle deron a volta ao tanto inicial visitante.

“Empezamos a segunda volta cun partido que nos vai a esixir o máximo en todos os rexistros”, Alberto Tamayo.

O obxectivo do equipo é recuperar sensacións lonxe de Ponte Canedo despois do último resultado e volver sumar para manter a primeira praza. No apartado goleador, o conxunto pontino apóiase no gran momento de Noui (8 goles) e na achega de Sampi, Añón e Bouzas (6), que non estará por sanción, pero si as suas compañeiras, claves na producción ofensiva do curso.

“Sabemos o que pasou na ida e témolo moi presente, pero a clave é competir cada duelo, ser sólidas e saír con personalidade a pesar de ser o noso segundo desprazamento seguido e queremos responder cunha versión máis completa”, explicou o noso técnico na previa.

Vilalonga ‘B’
O conxunto sanxenxeiro chega á cita en sétima posición, con 26 puntos. As de Sandra Diz destacan pola súa fortaleza como locais. No Cruceiro acumula 8 vitorias en 8 partidos. En ataque, as súas referencias son Lidia Belo e Aroa Meis, ambas as con 8 goles na tempada.

Check Also

O sénior remonta en Pastoriza e consolida o seu liderado

O gol da debutante Irene dá os tres puntos ao noso equipo en Pastoriza na …

Ir o contido