O noso equipo afronta esta tarde na Grela a 18ª xornada do campionato (18.00 h; tiivii.gal).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta esta fin de semana un exame de máxima esixencia coa visita ao Vitoria CF “B”, actual líder da competición. O conxunto pontino encara o encontro cunha idea clara, romper a dinámica sen vitorias nesta segunda volta e volver sumar de tres nun escenario de nivel co que firmou táboas na primera volta en Oira (Sampi e Miriam, Gjegji (2)).
O choque mide a dous equipos situados na parte nobre da táboa. O Vitoria CF “B” chega como primeiro clasificado con 43 puntos, mentres que o noso equipo ocupa a 3.ª posición con 39. O equipo dirixido por Alberto Tamayo busca reencontrarse coa vitoria na segunda volta. Nas dúas xornadas disputadas tras o parón, caeu ante o Vilalonga ‘F.F. ‘B’ e asinou táboas fronte ao Vitoria FC ‘B’. A pesar de iso, o balance global do curso segue sendo sólido: 44 goles a favor e 16 en contra, cifras que reflicten un bloque competitivo e difícil de superar cando impón o seu plan de partido.
“Ante un líder tan fiable, a concentración e a solidariedade defensiva son innegociables”, Alberto Tamayo
“Sabemos o rival que temos diante, pero tamén sabemos quen somos. Queremos ser valentes, competir cada duelo e chegar vivas ao tramo final”, indico o noso técnico na previa. Para a cita, Tamayo non poderá contar con Lú e Sara, lesionadas de longa duración. Si estará Noui, que viu porta en tres dos seis últimos goles oficiais do noso equipo.

O rival: un líder en refacho
O Vitoria CF ‘B’ presenta credenciais potentes: 63 goles marcados e 17 encaixados, ademais dun refacho recente de cinco vitorias consecutivas. En casa, o seu rendemento está a ser especialmente fiable (pleno de triunfos como local no que vai de Liga). Destacando na faceta ofensiva Ambra Gjegji, máxima goleadora do campionato con 17 tantos.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino