A EFF Rosalía vence en Porriño co terceiro tanto da ourensá en tres partidos e achégase aos postos altos da liga.
Terceiro partido de Liga e segunda vitoria consecutiva da Escola de Fútbol Feminina Rosalía, que escala ata o sétimo posto e colócase a tres puntos do primeiro posto na competición. As de Tamayo derrotaron ao Pontellas no San Campio-2 cun gol de Noui no minuto37. A ourensá está nun momento impresionante e suma tres tantos nos primeiros tres partidos do campionato. Antía debutou esta temporada co primeiro equipo e Sabela cumplió seu partido número 100.
Saíron os dous equipos a tentearse e aos poucos as nosas foron collendo as rendas do partido. Así, Zaira creou a primeira aproximación de perigo ao insistir na presión sobre a central rival e ceder a Bonjoch, que dispara desviado. Esto espabiló a ambos os equipos, que subiron un punto a intensidade nas súas xogadas. Volveu aproximarse a área visitante o noso equipo nunha xogada desde o sector esquerdo de Candela, supera ao seu par e mete un centro á área, Zaira recólleo e cede a Noui. A dianteira nos/ e pénsao e ‘fusila’ a portería defendida por Ángela, que toca o esférico pero non impide que acabe no fondo da rede (0-1, minuto 37).
A primeira metade termina con dúas aproximacións máis de Zaira e Bonjoch, sen problemas para que a gardameta local bloque o esférico.
Dominio sen máis goles
Tras o paso por vestiarios, as pontinas controlaron a posesión e foi Candela cun disparo pegado ao pau a que tivo a primeira ao minuto da continuación. Ao pouco de superar a hora de xogo, chegou a réplica do Pontellas cun balón envelenado á área que, moi atenta Noa, apodérase del en área grande. Tamayo dá entrada a Vicky por Sampayo e a dianteira a punto estivo de aumentar a vantaxe, o seu remate sae desviado. Tentárono nos minutos as locais a balón parado e dúas faltas que Noa bloca sen problemas. Vitoria moi loitado do noso equipo e 6 de novo puntos no inicio de Liga.
Ao remate do mesmo, o técnico ‘azul’ resaltaba que “hoxe foi un partido moi traballado, moi disputado contra un rival que non coñecía a derrota pero as miñas xogadoras estiveron moi ordenadas, coa actitude necesaria para poder dar a sorpresa. Teño que destacar que o traballo en todas as liñas foi impecable”.