Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’.

Fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos da canteira feminina na Liga Galega Cadete.

EFF Rosalía ‘Azul’-Salgueiriños CF (6-0)
O Cadete ‘Azul’ mantén a gran dinámica coa que arrincou este curso e sumou o seu terceiro partido consecutivo invicto cunha goleada en casa nun partido condicionado polas altas temperaturas rexistradas o pasado sábado, algo que pagaron no seu rendemento as xogadoras do Salgueriños. Adiantáronse pronto as azuis por medio de Antía aos tres minutos de xogo. Lea ampliou a vantaxe ao cuarto de hora, para sentenciar Nair ao bordo da media hora.
A volta de vestiarios, outros tres goles redondearon o marcador definitivo. Esmeralda no 47′, Antía no 67′ e Irene no 71′ lograron a primeira vitoria das de Carlos e Tamayo, que serve para afianzar máis a seguridade do equipo cara ao que vén.

O Sárdoma mantense invicto na competición.

Sárdoma de Vigo cf-EFF Rosalía ‘Amarelo’ (5-1)
O colíder Sárdoma fixo valer a súa condición de local para afianzar a súa condición de invicto ante un Cadete ‘Amarelo’ que segue sen coñecer o sabor da vitoria a domicilio (1 empate e 1 derrota). O encontro púxose costa arriba para as nosas aos tres minutos do asubío inicial. Adriana Remeseiro, encargouse de sentenciar cun ‘triplete’ nos primeiros 11 minutos. A pesar de acurtar distancias Sofía un minuto despois, as de Javier Alonso non souberon sobrepoñerse ao xerro de auga fría inicial e, máis aínda, cando no minuto 18 Lola marcou o 4-1. As pontinas tentárono pero Ayla sentenciou definitivamente no 36′.
A volta de vestiarios, o noso equipo botar arriba e aumentou a presión sobre a saída de balón local, pero sen opcións claras de remontar, mediada a segunda metade o físico non aguantou e o marcador xa non se moveu.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Skip to content