0-10: Seguindo avanzando de vitoria en vitoria

As pontinas conseguiron outra vitoria no Municipal do Lourambal-2 nun partido no que foron superiores en todo momento.

Seis vitorias nas últimas sete xornadas de Liga por unha Escuela de Fútbol Femenina Rosalía que ante o Porriño (0-10) volveu a regalar unha verdadeira exhibición de fútbol ofensivo no partido adiado correspondente á décima xornada de competición. Sete goles nos segundos 45 minutos das pontinas sentenciaron un duelo que ha ter unha soa protagonista. Fara, anota un ‘póquer’ por segundo partido consecutivo.

O conxunto de Miguel Saa segue transmitindo grandes sensacións. Malia comezar con dous paus nos primeiros dez minutos, a falta de precisión na definición fixo esperar o primeiro gol. O asedio do comezo finalizou co primeiro gol de Ana Seguín, que supera no man a man a Aroa tras un roubo á saída do balón de Zaira (0-1, min. 23). María e Aldarita encadenaron as duas seguintes pero non acertaron cara gol. Mesmas protagonistas no segundo. Minuto 35, mal saque de Aroa que recibe Zaira, o seu pase remátao Ana para subir ao marcador o 0-2. Só dous minutos máis tarde. Lidia aproveitou a asistencia de Ana para marcar a pracer o terceiro nunha xogada na que as locais pediron fora de xogo previo da dianteira. As xogadas por banda aproveitando a defensa adiantada das locais estaban resultando moi efectivas para as azuis e nunha desas accións a punto estivo de chegar ao cuarto ao bordo do descanso.

Fara anotou o segundo ‘póquer’ consecutivo e o gol 250 do club.

Fara continua en racha
A segunda metade iniciouse co mesmo guión co que finalizou a primeira. Cun Rosalía completamente dominador do xogo, o primeiro tanto do segundo tempo non tardou en chegar. Fara, que marca o primeiro da súa conta, non falla ante a guardameta local. Os dous seguintes chegarían das botas da centrocampista, ambos tras aproveitar dous balóns aos que nada puido facer Aroa. O sétimo sobe ao marcador logo dunha boa xogada coral, Patricia aproveita un bo centro desde a esquerda de Fara e finaliza con serenidade ante a portería (0-7, min 73). Catro minutos despois, tras quedarse Porriño con dez ao lesionarse unha das súas xogadoras, Noui remata ao fondo da rede o rexeite do poste tralo chut de Ana. Non se deu por satisfeita a dianteira, que cruza moi ben o balón para anotar o noveno logo de recibir a asistencia de Aida

Pero o mellor gol chegou ao final nunha xogada a balón parado. Malia non ser a encargada habitual de sacar os córners, Fara logra o seu ‘póquer’ particular cun gran gol olímpico que pecha a goleada (0-10, min 86). Tres puntos mais, que elevan a conta ata os 37, segundos na táboa a tres puntos do líder Mos ‘B’, precedendo a Lóstrego ‘B’ e Peñasco.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content