0-4: O importante era a causa do partido

Tres goles de Rebolo e outro de Esther, previo erro defensivo, dan a vitoria ao Lugo no primeiro partido benéfico García Rodríguez Construcións e Proxectos.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía caeu derrotada fronte a Club Deportivo Lugo Feminino no amigable, con motivo do Primeiro partido benéfico García e Rodríguez Construcións e Proxectos, no Monte da Aira de Velle. Foi determinante o nivel de xogo de Rebolo, autora dun hat-trick, que demostrarou por que é unha xogadora doutra categoría.

Igual de decisiva foi Esther, encargada de abrir o marcador e participar nos outros tres con dúas asistencias e iniciando a xogada do cuarto. A conexión entre a luguesa e suas compañeiras decantou o partido para as visitantes. Pero o encontro, a parte do deportivo, tiña unha finalidade máis importante, recadar fondos para axudar á Asociación de familias de nenos con Miopatía Miotubular e CNM, Pequenos Superheroes e, grazas á iniciativa de García Rodríguez Construcións e Proxectos e a organización de Galca Events foi un éxito, ao recadar 1900€ a falta de estimar as donacións á Fila Cero.

Na parte deportiva, o partido empezou con algo de imprecisións en ambos equipos, sobre todo con algo de nerviosismo das azuis, pero aos poucos a EFF Rosalía foi tomando o control do partido, ainda que o Lugo creaba perigo nos balóns ao espazo, situación que aproveitaron cun balón ao espazo que Esther (min. 20), ante a saida de en falso de Rocio aproveitava para marcar a porta valeira o 0-1.
O Rosalía seguiu dominando con balón, pero sen crear un perigo real na porta defendida por Luz Ferreiro. Novamente Esther, aproveitava un mal despexe defensivo para asistir a Rebolo e colocar o segundo no casilleiro visitante.

Segunda parte, mesma tónica
Na segunda metade, non cambiou a tónica, as azuis tiñan o balón e as ocasións, de feito entre os minutos 15-20 do segundo tempo houbo cinco ocasións bastante claras cun penalti incluído forzado por Zaira pero detido por Judith en dúas ocasións (tiro e rexeite). Malia iso, a diferenza de calidade entre os dous equipos volveu pesar no resultado, outra xogada de Esther, esta vez por banda, termina en centro e remate de Rebolo aumentado máis as distancias.

Rebolo completou seu hat-trick
Foi a última oportunidade que tivo CD Lugo contra un Rosalía que seguía dominando o balón pero xa sen crear moito perigo. Novamente apareceu a calidade de Esther, que tras roubar no centro do campo, rompeu a defensa local cun pase en profundidade ás costas de Sequeiros para que Mery servise en bandexa o cuarto de Rebolo, terceiro da dianteira luguesa.

No seguinte enlace está dispoñible o partido completo, xentileza do Concello de Ourense, encargado da retransmisión, cos comentarios dos “novatos” Alonso Méndez e Daniel Bolaño como comentaristas.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content