Saa: “Volvemos a regalar os primeiros 25 minutos”

O partido foi un partido moi bonito de ver, que ao final quedou definido pola diferenza de calidade nas accións nas áreas”, dixo o técnico.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa do Monte da Aira tras a derrota fronte ao Lugo no partido benéfico García Rodríguez Construcións e Reformas a favor de Pequenos Superheroes: “Creo que elas foron superiores pola claridade na súa idea de xogo. Visto o partido, o Rosalía levou a voz cantante do choque pero, os nervios novamente, e a falta de atrevemento favoreceu a diferenza do marcador”.

Esther
“É indubidable que a calidade individual, sobre todo de Esther, a súa capitá, acabou por definir o resultado. Do mesmo xeito que a súa porteira Judith, que ao parar o penalti fixo que perdésemos a oportunidade de meternos no encontro”.

Terceiro amigable
“O equipo quixo mandar no xogo, pero estivo, e volvo a incidir, demasiado nervioso con balón, e volvemos a regalar os primeiros 25 minutos, pese a todo non podemos negarlles ás mozas o esforzo e o sacrificio que fan partido tras partido”.

Blanco da instruccións durante o partido.

Pola sua banda, Joaquín Blanco, adestrador do CD Lugo Feminino comentou que o partido: “Serviu como un adestramento máis xa que levamos moi poucas sesións pois só é a terceira semana que levamos adestrando e entón serviunos para coller máis rodaxe e coller tamén minutos de xogo en partido porque levamos desde o 8 de marzo do ano pasado sen xogar. Entón, nese sentido, si que nos valeu para volver a ese contacto co balón e ese contacto co campo nun partido”.

Diferencia de categoría
“Quizais en momentos puntuais nós tivemos máis pegada dentro do área pero tampouco houbo unha gran diferenza. Eu creo que o Rosalía está moi ben traballada, tamén se noutou os dous ou tres partidos que xa levan de pretempada e que teñen máis ritmo pero, ao final pois si, a categoría tamén cho dá dentro das áreas á hora de marcar os goles pero creo que foi un partido moi parello e que para os dous equipos, dentro das súas cousas, para seguir traballando agora que empeza tempada inmediatamente”.

Xogadoras de nivel superior
“Nós temos, sobre todo nas zonas de diante tres ou catro xogadoras que ata chegaron a xogar en Nacional, entón pois si nótase esa calidade que teñen de categoría máis importante. A falta de que están menos rodadas, si nótase sobre todo que as ocasións que fas dentro do área conseguimos marcalas e ao Rosalía custoulle máis”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content