1-2: Triunfo en Valladares con goles de Noui y Ana

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía levouse os tres puntos da Gándara na decimoquinta xornada de Liga.

Non foi o mellor partido da tempada, a pesar do dominio, o que callou a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na Gándara, de onde se levou os tres puntos fronte ao Valladares grazas aos goles de Noui e Ana Seguín. A hora non era a habitual, algo que non impediu que o equipo dominase desde os primeiros minutos, onde Noui foi a primeira en intentalo aos tres minutos, pero o seu tiro foise alto. Trala acción da dianteira, María puxo o perigo con dous lanzamentos. O primeiro, no 11′, repeliuno o poste tras unha boa asistencia de Aida á interior; e aos 23′, volveu terminar a xogada, que esta vez marchouse fóra. Tras esta acción da ourensana tivo que ser substituída Zaira por unha indisposición, e entrou Ana no seu lugar. Acto seguido, a dianteira puido abrir o marcador, pero o seu tiro sae desviado tras irse da súa par cun autopase. Valladares comezou a espertar, aproveitando un erro no control de Bea para probar os reflexos de Rocío. O tiro de Laura deteno a porteira sen problemas.

Corría o minuto 41′ cando tras un barullo no área o balón termina aos pés de Fara, moi rápida e lista, deulla de primeiras a Noui. A dianteira dispara desde o bordo do área e adianta ao Rosalía tralo erro de Tatiana nun tiro que non ofrecía moitas dificultades.

Non foi o mellor partido da tempada pero as sénior trouxeron tres puntos da Gándara.

A segunda metade comezou como a primeira, co noso equipo dominado no seu terreo ao seu rival. No 50′ chegou a sentenza. A xogada pareceuse á do primeiro gol con toques moi rápidos. O balón foi primeiro a Fara tras un barullo no área local, a interior púxoa ao espazo para unha Ana imparable, que a cruzou con moita calidade ante a saída da guardameta facendo o 0-2. As locais apuraron as súas opcións ata o final e no 79′ Ainara Sobral recortou distancias. Sen tempo para máis, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía sumou tres novos puntos na súa cuarta vitoria no que levamos de ano. Catro de cinco. As de Miguel Saa sumaron a súa décima vitoria nesta tempada, consolidadas nos catro primeiros postos. Partido a partido, as azuis están demostrando un grandísimo nivel.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content