2-0: Derrota do Cadete en Mos

O ‘filial’, que loito ata o final, non puido puntuar na súa visita á UD Mos.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía non logrou puntuar fronte á UD Mos (2-0) na 13ª xornada da Liga Galega Cadete Feminina e non puido encadenar o seu segundo partido invicto. O Cadete, que o intentou ata o final sen ocasións claras para ver porta, non conseguiu inquietar ás locais nos oitenta minutos.

O partido empezou do peor xeito posible. Na primeira aproximación local, corría o minuto 2′, Sara Cuiñas sacouse un cabezazo para adiantar ás ‘avispas’. Tocaba remar ao contraxeito nada máis pitar o comezo Vieitez Branco. Non chegou réplica por parte das de Sobrino, en cambio, volveron á carga as locais, que aumentaron a vantaxe. O Segundo chegou á saída dun córner que Marta rematou ao fondo das redes azuis. A réplica das pontinas chegou tratando de buscar as costas rivais con pases ao espazo para Claudia e Ester, intentando aproveitar a velocidade das dianteiras, pero o perigo non chegaba ao área de Naiara.

A segunda metade estivo máis igualada, con ambos conxuntos intentando levar o peso do encontro. Dita igualdade propiciou un partido de control no centro do campo sen xerar perigo en ambas áreas. Malia a alternancia, o marcador mantívose ata o pitido final.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content