1-5: ¡Campioas de Grupo!

A EFF Rosalía vence ao Monteforte cun triplete de Noui e goles de Zaira e Sabela e logra o campionato do Grupo E no derbi da N-120.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía non deixou escapar a primeira oportunidade que tiña para lograr o título honorífico e a clasificación para o playoff xa é unha realidade. O equipo venceu cun triplete de Noui e os goles de Zaira e Sabela ao Monteforte no campo de fútbol Alex Branco II dos Escolapios de Monforte e sumou a súa sexta vitoria nos seis partidos disputados de Liga. A EFF Rosalía conquista o campionato a falta de tres xornadas para a conclusión.

Conscientes do que estaba en xogo, as azuis saíron dominadoras e coa posesión do balón. A primeira xogada de perigo chegou nada máis comezar e fixo subir ao marcador o primeiro. Pase entre a liña defensiva de Isis, control de Noui que supera a Alex na saída (1′), malia a excelente estirada da porteira. O gol tan tempranero non cambiou a táctica das monfortinas, repliegue defensivo e intentar saír á contra ás costas da defensa do Rosalía. Nunha desas xogadas chega o córner que propicia o gol local. Ainoha (7′) sorprende a Rocío cunha xogada de calidade, gol olímpico. Táboas no marcador e xogo máis impreciso por ambos equipos, sobre todo debido ás condicións do terreo de xogo, máis rápido do que habitualmente están afeitas as xogadoras de Miguel Saa. Logo dunha alegría, primeiro contratempo local, Henar cae lesionada e ten que saír do campo, minutos máis tarde volve incorporarse pero non ao 100% de condicións.

Ningún dos dous equipos cambiou a súa formulación inicial. Rosalía control e Monteforte repliegue e liñas moi xuntas. Tal como comentou Armetal en roda de prensa “cambiamos un pouquiño nosa forma de xogar e o plantexamento”, pero estaban obtendo o seu froito, bloquear o ataque visitante. Tardou en moverse o marcador 23 minutos. Pase en profundidade de Isis a Noui, que supera a Laura Rivas na carreira e vaselina ante a saída de Alex, 1-2. Gol que espoleou ás azuis, que non se conformaban e querían tomar máis vantaxe antes do descanso. Preludio do terceiro, falta no lateral do área monfortino que saca Aida e o balón bota na liña logo de pegar no largueiro, a defensa despéxao a córner. Minuto 40, Alex saca de porta e o balón recólleo Noui para encarar á porteira e colocar no marcador o 1-3. Así se chegou ao descanso.

Non cambiou o partido tralo paso polos vestuarios. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía seguía dominando e Monteforte subía a súa intensidade defensiva.

Zaira: 15 goles en Liga
Saa deu entrada entón a Zaira en lugar de Silvia e Sanchez a Janire por Camila. Saiuse coa súa o adestrador catalán. Cinco minutos máis tarde, a dianteira aproveita en segunda instancia un rexeite de Alex a tiro de Noui para marcar o cuarto a porta baleira.

A partir dese momento, o partido foi outro. A presión local aumentou co consiguiente número de faltas en contra e varios fóra de xogo protestados polos espectadores provocaron a perda de control das pontinas, que conseguían chegar ao área local pero perdíanse máis en cuestións extradeportivas que no xogo. A esto uníronse varios situacions tensas típicas da presión dun derbi. Mario Gómez, presidente, era expulsado polo árbitro despois de dirixirse a unha xogadora rival.

Debut de Feijóo.
No minuto 65 Lidia dá o paso a María Feijóo, que volvía aos terreos de xogo logo de máis e un ano de lesión. De mérito varias xogadas de perigo pola súa banda pero sen éxito cara a portería.

Alegría final dos dous equipos
Co tempo case cumprido, Sabela (90′) escapa por banda de Henar e plántase na área ante Alex, supéraa na saída para poñer o definitivo 1-5 no marcador. Unha vez terminado o encontro, alegría polos dous bandos. Rosalía conseguía matemáticamente o acceso aos playoffs de ascenso e o título honorífico de campioas de grupo, mentres que Monteforte celebraban o seu melloría de xogo e ser o primeiro equipo en marcar na portería defendida por Rocío na Liga 2020/21 (a pasada campaña recibía 2,8 goles por partido).

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content