“A verdade o arbitraxe foi, canto menos controvertido”, comentou o técnico.
Miguel Saa compareceu en zona mixta do Alex Blanco II tralo triunfo ante o Monteforte, no que a EFF Rosalía conseguiu o campionato do Grupo E: “O partido a verdade é que non foi tan vistoso como outras ocasións, aínda que realmente nunca tememos polo resultado e cumprir o noso obxectivo”.
“Pese a todo, o Monteforte só realizaró un tiro a porta nos 90 minutos e nós ao final xeramos máis dunha ducia de ocasións claras, aínda que moitas non foron materializadas”.
Derbi
“Si, o partido xa non empezou ben coa chegada ao campo, onde non se pode dicir que fosen demasiado agradables coa espedicion. Despois, desde o comezo o seu obxectivo era tratar de cortar o xogo, baixar o ritmo e tratar de que se xogase o menos posible con númerosas faltas. Ao final teste que afacer, aínda que sexa o anormal, a que che corten a auga, provóquenche. As xogadoras teñen que aprender que se van a atopar situacións así en máis ocasións”.
Táctica local
“A súa idea era xogar pechadas atrás, pero tampouco é que lanzasen demasiadas contras, o control do xogo foi totalmente noso. A única pega foi encaixar o primeiro gol do ano, pero mellor agora que no playoff”
Arbitraxe
“A verdade o arbitraxe foi, canto menos controvertido, pero o bo é como dixen na anterior pregunta, sempre é mellor atoparnos isto, polo menos por primeira vez, en fase de grupo que no playoff. Non podes loitar contra certas cousas, ao final o árbitro estará empezando e ter a compañeiros no equipo que estás arbitrando que lle corrixan todo o partido tamén llo fixo difícil”.
Obxectivo cumprido
“Si, ao final criamos que ou antes ou despois poderiamos estar clasificadas. No que nos fixamos é no xogo e realmente do partido de Monforte non sacamos un partido no que haxamos ter o mellor xogo, pero si quédanos a experiencia de xogar nun clima hostil e cunhas circunstancias extradeportivas un tanto peculiares”.
Feijóo
“Feijoo chegou no momento necesario, e deunos o que esperabamos dela, sabemos da súa importancia, e sabemos que cando colla a forma ten que ser unha xogadora importante”.
Unha vez terminado o encontro, Sánchez atendeu á web do club para analizar o partido: “Sabíamos que xogábamos co mellor equipo da categoría e entón cambiamos un pouquiño nosa forma de xogar e o plantexamento. Tamén queríamos ver outras xogadoras e darlle mais minutos de cara a semana que ven e o próximo partido. Saimos a xogar e fumos capaces de facerlle gol ao líder, algo que aínda no conseguira ninguén”.
Loita playoffs
“Non é o noso obxectivo, este é consolidar o equipo para o ano que ven e competir dentro das cosas posibilidades”.
Crecemento equipo
“Cando nos fomos a Ourense só tiñamos a experiencia dun partido que durou 10 minutos contra un rival tremendamente superior, sen porteiro, sen un par de fichaxes que fixemos antes de rematar o prazo. Desta maneira o equipo medra pouco a pouco, de feito fumos sumando puntos contra o resto dos rivais e competindo bastante mellor pero queda moito cariño que percorrer”.