A Escola de Fútbol Feminina Rosalía contou ata 25 ocasións claras ante as lucenses. Noui (2), Zaira (2), Aida, Sabela, Saray, Silvia, Feijóo e a debutante Paula foron as goleadoras locais. Antía marcou polas visitantes.
Non saiu como noutros partidos a EFF Rosalía, a relaxación ao ter a clasificación ao playoff certificada quedou patente nos primeiros minutos malia adiantarse pronto. Noui non desaproveitaba unha asistencia de Aida mara subir o primeiro ao marcador, minuto 4. Con todo, o mazazo non foi suficiente para tombar ao Milagrosa. As lucenses lograrían o empate pouco despois, grazas a un erro defensivo aproveitado por Antía (13′). Tocaba volver intentalo e con Zaira no campo non hai partido de trámite. Aos tres minutos tívoa Lidia nunha xogada por banda pero o seu tiro pasou rozando a escuadra. Minuto 17, Zaira provoca un penalti que ela mesmo convertía. As azuis cada vez chegaban con máis perigo e mais cedo que tarde era cuestión de sentenciar o encontro.
A relaxación volveu aparecer na escuadra pontina. Bea erra no pase a Aldarita e Leira aproveita o erro para plantarse ante Rocío pero falla na definición. Zaira contestou na seguinte xogada. Noui escápase pola esquerda da defensa e o seu centro é rematado pola barbadesa, detén Catalina.
Asedio para sentenciar
Catro ocasiones precederon os dous goles que sentenciaron o partido. Na primeira, Sabela dispara ao lateral da rede con dúas compañeiras en boca de gol logo dun bo pase de Ainara. Un minuto máis tarde, quenda para Zaira que despois recoller un balón dela mesma dispara sen ángulo e non entra por centímetros. Dúas xogadas de Lidia e Zaira precederon o terceiro. A primeira detena Catalina, mentres que na segunda, Lidia recibe un bo centro da dianteira e a súa remate roza o larguero. A Isto ocorreu nos último minutos da primeira metade con senllos goles de Noui e Aida, a puntilla ao equipo rival antes de retirarse a vestuarios. Minuto 39, Noui recupera na medular e lánzase entre as centrais visitantes para plantarse cara a cara con Catalina definindo perfectamente, 3-1. Aida, máxima asistente do equipo, tampouco quixo faltar á súa cita co gol. Triangulación na frontal con Noui, recibe en área e marca o gol que xa deixaba sentenciado o encontro.
Seis na segunda
Feijóo por Lidia e Noa por Bea foron os primeiros movementos desde o banquiño de Saa. A segunda foi a protagonista do quinto ao asistir en profundidade á galopada de Sabela que, ao contrario que na primeira metade, define superando a Catalina, 5-1 (50′). Gol preludio do que ía sufrir a defensa luguesa. Dúas ocasións, de Isis á saída dun corner e Ainara precederon o seguinte. Silvia e Saray entran por Noui e Sabela e protagonizaron os catro seguintes. Sendo a primeira a artífice do gol de penalti de Zaira (segundo) ao forzar a pena máxima. Mentres que Saray encargábase de anotar a porta baleira logo dunha boa asistencia de Paula (debutante ao substituír a Aida tres minutos antes).
O dominio era completo das azuis, que case xeraban perigo en cada xogada. Silvia estreábase esta tempada cun bo remate de cabeza a centro de Feijóo. Dez minutos máis tarde, cambiaba de rol. a dianteira centraba, indecisión entre central e porteira visitante e o balón chega a Paula. Non falla na definición coa cabeza, debut e gol. Malia a diferenza, Zaira non se conformaba cos dous marcados e seguía insistindo pero sen fortuna. Feijóo tamén o intentaba unha e outra vez pola esquerda e tras varios intentos recolleu o seu froito. Escapada polo lateral, supera ao seu rival e plántase no área para superar a Carla, que substituía a Catalina.
Sétima vitoria en sete partidos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía con dedicación especial aos afeccionados da Asociación de Aspanas, que tanto animaron durante os noventa minutos.