Saa: “é difícil concentrarse ao 100% sabéndose clasificadas”

“Estamos seguros que en playoff verase ao mellor Rosalía”, declarou o adestrador.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía derrotou á Milagrosa e continúa a súa senda de vitorias. Ao finalizar o partido, Saa atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa e dixo: “Foi un partido disputado, quizais algo máis trabado que a primeira volta, pero ao meter nós o terceiro gol o partido quedou roto”.

“Aínda así, elas deron unha gran imaxe e sigo dicindo que son dos mellores equipos contra os que nos enfrontamos”.

Clasificadas
“Por moito que se intente, é difícil concentrarse ao 100% sabéndose clasificadas e coa situación de exames na que están as mozas. Aínda así, as xogadoras traballaron bastante ben e quedamos contentos”.

Relaxación
“Si como diciamos na pregunta anterior, as mozas están nunha idade e un momento do ano que se xuntan moitas cousas importantes e ao final a clasificación é a que é e é difícil non mirar cara a ela.
Aínda así estamos seguros que en playoff verase ao mellor Rosalía”.

Paula
“Alegrámonos moito por ela, non puido debutar antes ao enlazar pequenas lesións musculares que non a deixaron participar. Finalmente tivo un debut soñado con gol e asistencia no tanto de Saray, onde ao deixala pasar deixo en vantaxe á súa compañeira”.

Cambio de sistema
“Tampouco foi unha variación excesivamente grande, aínda así, as xogadoras non responderon mal ás posibles variacións de sistema”.

Carreira nun lance do encontro.

Pola súa banda, Luís Carreira, adestrador este domingo do Milagrosa, analizou do seguinte xeito o partido: “O partido tivo un claro dominio das locais, foron moi superiores ás mozas do meu equipo. Estiveron moi acertadas en todas as accións con e sen balón, unido á superioridade, tanto física como de idade deixouse notar muchísimo neste partido”.

“As nosas mozas, dentro do novas que son fixeron todo o posible, sobre todo na primeira parte. Na segunda, entre o muchísimo calor e que se viñeron un poquito abaixo fixo que non competisen todo o ben que pretendiamos. Pero, moi contento en xeral coas miñas xogadoras”.

Diferenza
“A diferenza é abismal entre un equipo e outro e soamente quédanos felicitalas, que sigan así tanto unhas como outras e a seguir”.

Estilo de xogo
“Nós temos as ideas claras, entón, dentro do que é a formación das nenas, pretendemos que esa sexa a mellor opción para elas. Evidentemente dámoslles uns recursos e elas deben aproveitalos no partido o mellor que poidan. A filosofía é saír xogando, que saiban combinar sabendo que teñen outros recursos como un golpeo longo, unha continuación de xogada, etc”.

 

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content