2-5: Derrota ante o San Roque

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía perde o seu primeiro partido do ano despois de perder unha vantaxe de dous goles.

Vídeo: Resumen do partido.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non logrou puntuar no primeiro partido da segunda volta da tempada que xogou no Municipal de Oira. O partido estivo condicionado pola climatoloxía e o partido de María del Carmen, que marcou un ‘triplete’ na remontada das visitantes. Noui e Antía adiantaron ás locais. María del Carmen e Sampayo, en propia porta, puxeron as táboas no marcador ao final da primeira metade. A volta de vestiarios, con outros dous goles da dianteira viguesa e a sentenza de Laura López, completaron a goleada para o San Roque.

O partido púxose de fronte desde o inicio. Noui recupera a posesión presionando a Silvia Rodríguez ao bordo da área, levanta a cabeza e fabrícase un disparo para bater a Silvia Rita ao minuto de xogo. A punto estivo de marcar o segundo nun mal despexe da gardameta visitante, pero o seu disparo sae alto. Inmediatamente despois, un centro a zona do gol de Clau, non chegan a rematalo Miriam e Antía. A resposta visitante, tras un saque de banda de Antonella que Laura López remata e despexa Noa. No contragolpe, Clau xera o perigo desde o sector dereito, Miriam remata en área pequena e o balón queda morto aos pés de Antía, anotando o 2-0 aos 17 minutos de xogo.

Co noso equipo controlando o esférico, foron as de Jose Antonio Miguelez quen se atoparon aínda así máis cómodas á hora de chegar a portería rival. Laura a falta de seis minutos proba os reflexos de Noa, que detén en dous tempos. Un minuto despois, Silvia Rodríguez cede a Laura, vírase e o seu disparo o bloca a nosa gardameta. Os avisos convertéronse en realidades un minuto máis tarde. San Roque igualou antes do descanso. Primeiro, María del Carmen cunha vaselina ante a saída de Noa no minuto 41′, e logo cunha xogada desafortunada de Sampayo, que despexou un centro de Naiara ao fondo da rede (2-2, minuto 43′).

María del Carmen foi un pesadelo para a zaga pontina.

Desastre na segunda parte
O segundo gol do San Roque fixo dano para a segunda metade e nada máis lonxe da realidade, tras o descanso María del Carmen levou o perigo facendo o seu particular hat-trick esnaquizando a zaga pontina. No 49′, a dianteira visitante colleu o balón na medular, avanzou ata a área sen que ninguén conseguise parala e, cun forte disparo ante ao que nada puido facer Noa, logra o terceiro. Tres minutos despois, Antonella recupera a posesión, fai un pase en profundidade entre as centrais á carreira de María del Carmen, supera a presión de Aldarita e bate por abaixo a Noa (2-4). Os cambios de Sabela por e Sara por Antía, deron maior presenza en ataque ao Rosalía. As de Tamayo atoparon profundidade nas súas bandas, pero sen chegadas claras de perigo. Á hora de xogo, unha falta de Silvia Rita a Noui fóra da área condicionou o partido ao non expulsar Guzmán Falcón á gardameta vísitante ante as protestas locais. Miriam, puido recortar distancias, pero se disparo demasiado centrado o bloca Silvia. a sentenza chegou no minuto 86′, ao rematar Laura López un contragolpe que Naiara xerou polo sector dereito. O marcador non sufriu máis movemento a pesar de que as pontinas non baixaron os brazos nun mañá bastante fría. Derrota dolorosa pois para iniciar a segunda volta e agora coa ilusión de recuperar sensacións cara o próximo partido ante o Vilalonga.

FICHA TÉCNICA
2 – Rosalía: Noa, Lú (Sabela, 51′), Aldarita, Clau, Bonjoch, Noui, Sampayo, Miriam, Antía (Sara, 51′), Candela e Aline.
5 – San Roque: Silvia Rita, Andrea, Ruth, Sofía, Laura López, Naiara, Silvia Rodríguez (Ainara, 70′), Antonella, Anouk, Sara Alonso e María del Carmen.

Goles:
1-0: Noui (min.1)
2-0: Antía (min.17)
2-1: María del Carmen (min.41)
2-2: Sampayo (pp) (min.44)
2-3: María del Carmen (min.50)
2-4: María del Carmen (min.54)
2-5: Laura López (min.86)

Amonestacións:
Alberto Tamayo (Amarela, min.70 e min.71)

Check Also

3-1: Clara vitoria despois de dúas xornadas

Os tantos de Sampayo, Bonjoch e Zaira aseguraron os tres puntos ante Vitoria CF ‘C’.A …

Ir o contido