Os goles de Clau e Candela (2) dan a cuarta vitoria consecutiva na liga ao noso equipo.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía continúa coa súa serie de vitorias na liga despois de sumar a cuarta consecutiva ao derrotar ao Porriño no Municipal de Oira. Clau abriu o marcador na segunda metade e os dous goles de Candela deron os tres puntos ás de Tamayo, que logran o seu primeiro triunfo no que vai de 2025.
Non conseguiu abrir o marcador a Escola de Fútbol Feminino Rosalía na primeira metade a pesar das ocasións xeradas. A primeira chegou superado o cuarto de hora cun disparo de Miriam ao rematar un centro de Candela. A resposta visitante chegou das botas de Laura, a porriñesa recupera na saída de balón local e o seu tiro o bloca Noa. Sabela foi a seguinte en levar o perigo cun remate que Alba desbarata sen complicacións. As dúas últimas dos primeiros 45 minutos chegaron dos pés de Noui. A dianteira remata desviado no minuto 32′ e, no 41′, non consegue unha boa posición de remate e o seu ‘chute’ o bloca a gardameta visitante sen problemas.
Goleada a volta de vestiarios
A segunda metade xogou ao ritmo que marcou o noso equipo, xerando numerosas ocasións para golear. Un balón entre liñas de Clau deixa soa a Noui na área, o seu remate termina por encima da portería. Puido a adiantar ás pontinas Bonjoch no minuto 51′, pero o seu disparo sae moi centrado tras un remate de Candela que Aroa despexa ao traveseiro e termina aos pés da centrocampista. O gol chegou un minuto despois. A xogada comineza cun pase de Sampayo a Bonjoch, a centrocampista déixaa pasar e Clau aparece na área para marcar por arriba o 1-0. Á hora de xogo, golazo de Candela para subir o segundo ao ‘luminoso’. Miriam saca de banda no sector esquerdo, recibe Bonjoch e cambia o xogo a Candela ao sector dereito, que sorprende a Aroa cun forte chute desde 25 metros. No 63′, Miriam estrelou no traveseiro o seu lanzamento desde o bordo da área, termina o esférico aos pés de Bonjoch, que non acerta no remate. Seis minutos despois, o poste evitou de novo o 3-0 nun despexe de Yordana a un centro de Clau. Finalmente, a dez minutos do final, o noso equipo confirmou a sentenza por medio de Candela, novamente cun dereitazo lexano, para certificar o cuarto triunfo consecutivo na liga.
FICHA TÉCNICA
3-EFF Rosalía: Noa, Lú (Antía, 66′), Aldarita, Bonjoch, Rodiño (Aitana, 61′), Noui, Sampayo, Miriam (Sanmiguel, 81′), Sabela (Clau, 46′), Candela e Aline (Matilde, 81′).
0-Porriño: Alba (Aroa, 46′), Lucía, Iovanna (Lara, 81′), Natalia (Alba Molanes, 58′), Ana (Uxía, 46′), Nerea (Marta, 46′), Yordana, Ana Otero, Laura, Ana Calviño e Sara.
Goles:
1-0 (min. 52): Clau.
2-0 (min. 60): Candela.
3-0 (min. 80): Candela.
Amonestacións:
Nerea Ubeira (43′)


