9-0: Vitoria fronte ao Balaidos

Os goles de Sabela (3), Vicky (2), Zaira (2), Laura e Chao dan os tres puntos á EFF Rosalía nunha boa segunda metade do noso equipo.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía iniciou a segunda volta da Liga en casa sumando os tres puntos contra o Balaidos no Municipal de Oira. O triunfo fraguouse en canto o noso equipo puxo unha marcha máis, no que as nosas marcaron os dous primeiros goles en apenas dous minutos. Vicky, en dous man a man nos minutos 20′ e 22′, e Zaira cun bo zurdazo no 29’, foron as autoras dos tantos na primeira metade. Sabela, cun ‘triplete’, Laura, Chao e novamente Zaira pecharon o marcador final.

Boa primeira parte do conxunto dirixido por Pere Tobaruela, que dominou o encontro desde o asubío inicial, aínda que ata pasado o primeiro cuarto de hora non se asentou e impuxo un ritmo de xogo máis alto e iso que puido adiantarse ao minuto de xogo nunha boa triangulación de Zaira, Vicky e Bonjoch, que remata a centrocampista fose e aos 10 minutos cun remate de Laura ao traveseiro á saída dun córner.As nosas seguían atacando e Vicky, tamén nun córner sacado por Zaira, remataba de cabeza ao pau e o posterior remate de Noa deteno María en dous tempos, o gol non chegaba pero era cuestión de tempo e a gardameta viguesa estaba a ser a mellor do encontro. E é que Rosalía non empezaba ben o partido cara portería, pero todo cambiou no minuto 20, posto que Vicky puxo por diante ao noso equipo. A dianteira cazou un balón en profundidade de Candela e non perdoou á porteira do conxunto vigués cun tiro cruzado.

Rosalía non parou e seguiu buscando a portería verde, e aumentou a súa vantaxe na seguinte xogada, xa que Vicky calcou o segundo co primeiro, pero coa asistencia de Sabela. Sete minutos despois, Zaira sobe o terceiro ao ‘luminoso’. Triangulación de Vicky, Sabela e a dianteira barbadesa, tras un gran control, engancha un zurdazo ao que nada pode facer María.

Sabela toma o mando
As azuis non afrouxaron. E é que só necesitaron un minuto na segunda parte para marcar o cuarto tanto do encontro. Sabela recibiu un balón na media lúa e non perdoou cun tiro cruzado (4-0, min. 46). A partir do cuarto, o partido foi de control absolutamente azul con Sabela como dona e señora desde a media punta. Balaidos xa non conseguía quitarlle o balón ás pontinas. E así chegaron o resto de goles; primeiro despois dun córner de Zaira a Laura, nunha acción na que a defensa azul non perdoou ao segundo pau. Este é o segundo gol de Laura na liga.

Vitoria Santos debutou esta tempada.

Tres minutos despois chegou a quenda de Chao, que marcou un auténtico golazo desde a área grande nunha acción coa esquerda que acabou no fondo da portería viguesa (6-0, min. 75). Aos 62 minutos, Victoria Santos facía o seu debut co senior e dez minutos despois chegou o sexto gol. Outra vez desde o sector dereito, as nosas recuperan a posesión e Bonjoch remata entre os tres paus, María rexeita e Zaira non perdoa dentro da área pequena para situar o 7-0 no minuto 72. E non tivo suficiente co seu gol Sabela que, en dúas xogadas calcadas, marcou o 8-0 e o 9-0 definitivos conseguindo o seu hat-trick. A centrocampista caza dous balóns ao bordo da área grande e non dúbida en cruzalos baixo e á esquina, lonxe da gardameta rival.

Vídeo: Gol de Silvia Chao (6-0)

A pesar do dominio, o marcador non se volveu a mover e os tres puntos quedaron no Municipal de Oira. O seguinte partido das de Pere Toabruela será o vindeiro sábado ou domingo 11-12 de febreiro no campo do Pontellas. Terceiro clasificado, que esta semana a empatado no feudo do líder Lóstrego ‘B’, situando ás nosas a un punto das gondomaresas na táboa clasificatoria.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content