Contundente vitoria do Infantil ante o Arcadia

Sara (2), Esmeralda (2), Aline, Sofía e Candela rubricaron o oitavo triunfo do equipo no Miguel Ángel.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil impúxose ao Arcadia cunha gran actuación colectiva no Campo Miguel Ángel de Os Remedios e sumou o seu oitavo triunfo. Sara abriu o marcador e aumentou a vantaxe no primeiro tempo e, na segunda metade, Esmeralda por partida dobre, Aline, Sofía e Candela Losada sentenciaron un duelo que o noso equipo dominou de principio a fin. Con estes tres puntos, as xogadoras de Quique e Castro despídense como locais na primeira fase cunha vitoria que as mantén no segundo posto.

As pontinas non sentiron estrañas nun campo que non é o habitual para os seus partidos en casa e iniciaron o encontro con bo xogo e, a pesar da formulación defensiva rival en busca do contragolpe, as nosas tentárono con dúas contra un por banda. No 13’, Sara adiantaba ás nosas ao finalizar unha xogada ensaiada á saída dun córner. Tres minutos máis tarde a dianteira non perdoou novamente. Moi bo balón filtrado cara a Esther, quen no man a man fronte a Iria, non dubidaría e envía o esférico ao fondo da rede.

A Infantil sentenza
Despois do paso polos vestiarios, as azuis seguiron coa intención de plasmar sobre o terreo de xogo a formulación antes do comezo do partido e non puido saír da mellor maneira. Esmeralda anotou os dous seguintes en dúas internadas en área rival
antes de cumprirse os 10 minutos da continuación. O partido comezou a ser un monólogo pontino e, a piques de chegar á hora de xogo, Aline ampliou a distancia ao executar unha falta (5-0, min.53′). Sofía e Candela Losada colocarían o definitivo 7-0, resultado co que rematarían os 80 minutos regramentarios.

A nota destacada foi o debut Carlota, que estreouse coa camiseta azul no equipo infantil.

Ao remate, Castro comentaba aos medios do club: “Estamos tratando de meter en dinámica as novas nenas que se van incorporando, grazas en parte a axuda das nenas mais ‘experimentadas’. Esta sinerxia nótase no terreo de xogo”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content