A futbolista de Bande asina ata o 30 de xuño de 2023
María Feijóo seguirá vinculada á Escola de Fútbol Feminina Rosalía unha tempada máis. A defensa bandesa, que vivirá a súa cuarta tempada consecutiva no club da Ponte, continuará pois formando parte da defensa do conxunto adestrado por Pere Tobaruela.
A ‘veterana’ lateral esquerda, reconvertida a central, disputou a pasada campaña un total de 6 partidos entre Liga e playoffs, ao non xogar ata a xornada 18 de competición. Na competición regular foron 4 as aparicións de Feijóo das 22 xornadas disputadas, cun total de 322 minutos. Na competición polo ascenso, disputou o encontro completo ante o Peñasco, no cal tivo ademais moito protagonismo ao ser a encargada de defender á máxima goleadora da competición, así como os 90 minutos na derrota ven semifinais ante o Noia CF a domicilio. Estes números din moito da confianza que o técnico catalán dálle a todas as súas futbolistas para tentar que o grupo estea sempre a un alto nivel de esixencia e competitividade.

En declaracións a este páxina web, a defensa asegurou en primeiro lugar sentirse afortunada por seguir nun club como a EFF Rosalía: “Estou moi feliz e agradecida de poder seguir aquí, xa que é o sitio idóneo para seguir crecendo e a xente que o compón faio moi especial. Poder continuar vestindo este escudo é un pracer e unha responsabilidade enorme e traballarei duro e con moitísima ilusión, como require este club. Espero que xuntos fagamos cousas grandes”.
Tamén indicou que esta pasada tempada inconclusa serviulle para crecer: “Creo que as circunstancias especiais da tempada pasada fíxonos crecer moitísimo a todo o equipo en particular, xa que tivemos tempo de renovar as enerxías. A idea é manter o bo que xa tiñamos, mellorar o que nos faltaba e a partir de aí seguir sendo o equipo competitivo polo que creo que nos caracterizamos”
Con esta renovación, a EFF Rosalía continúa sumando vimbias para a zona defensiva, circunstancia importante sempre para o adestrador ao buscar un bo manexo do esférico e ir controlando as situacións desde atrás cara á parte de arriba.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino