Tobaruela: “Estamos máis ocupadas en adestrar, coller a forma e aprender e aplicar o noso modelo de xogo”

“Temos que estar ben para o comezo de Liga”, dixo o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios de comunicación tras o primeiro amigable da pretemporada pontina. O adestrador analizou o encontro xogado en Vigo: “Os partidos de pretempada, máis alá do resultado final, eu adoito valoralos, como lle dixen ás xogadoras antes de empezar, dependendo de se se pon en práctica ou non o traballo semanal”.

“Neste sentido podo dicir que o equipo o fixo ben, aínda máis se temos en conta que, con tan só tres días de adestramento e con moitas incorporacións de xogadoras en idade cadete, foron quen de adaptarse a un novo sistema de xogo”.

“Marcho contento da cidade olívica”

Pere Tobaruela, adestrador EFF Rosalía senior

Rival
“Xogamos contra un equipo de categoría superior e que leva algo de tempo adestrando. Todo e isto as xogadoras competiron moi ben. Cometeron erros, iso está claro, mais para iso están estes partidos, para detectalos e subsanalos. É normal cando xogas contra un equipo rodado e exixente como o Sárdoma, que no deixa pensar e obriga a facer un gran esforzo. Marcho contento da cidade olívica”.

Derrota
“Gañar ou perder sempre afecta, iso non se pode negar. Mais nestas alturas iso non me preocupa, e iso mesmo transmitín ás xogadoras. Agora estamos máis ocupadas en adestrar, coller a forma e aprender e aplicar o noso modelo de xogo. Temos que estar ben para o comezo de Liga. E aí estaremos ben en todos os sentidos. Isto non acaba máis que de comezar. Un partido de pretempada, se mire como se mire, non é máis que un adestramento de calidade”.

Conclusións ao remate
“As conclusións que saco son diversas e poden resumirse nisto: correxir erros a nivel individual e colectivo. A planificación establecida segue o seu curso é con traballo e compromiso o Rosalía chegará a un nivel bo de rendemento”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content