Obxectivo: Seguir medrando

O cadete enfróntase este sábado ao Sárdoma CF co obxectivo de volver puntuar.

Tras a derrota ante o Tomiño FCF as pontinas chegan ás Relfas para volver lograr puntuar en liga. O equipo vigués será un rival arduo de bater xa que tentará lograr a súa primeira vitoria en casa ante o seu público. As de Alberto Tamayo buscarán o mesmo obxectivo, a súa primeira vitoria a domicilio e seguir puíndo os pequenos detalles que as volva a reencontrar coa vitoria.

O noso equipo empeza a xornada no sexto posto mentres que as viguesas están un posto por encima. Para a cita, Tamayo citou ás seguintes xogadoras: Paula, Aldara, Alma, Noa, Miriam, Aitana, Torres, Lara, Antía, Nadir, Irene, Liana, Sanmiguel, Candelita, Tegra y Clau.

Rival
Sárdoma chega ao coa intención de despedir o ano coa súa primeira vitoria ante o seu público. O seu balance nas Refas é cero vitorias, un empate e dúas derrotas, todo o contrario que a domicilio, onde non coñece a derrota. A súa xogadora máis perigosa é Laura Costoya, máxima goleadora con 6 goles en 4 partidos.

O partido dará comenzo ás 13:15 horas despois do asubío inicial do colexiado Jose Alberto Lorenzo, do colexio técnico de árbitros de Vigo.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content