Tobaruela: “Estou moi contento coas xogadoras e creo que contra Porriño están moi motivadas”

“A Segunda división é unha Liga moi complicada”, dixo o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa de Pere Tobaruela.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido contra o Porriño, que se xogará no Municipal de Oira (domingo, 12.00 h): “Evidentemente non se xogou Liga esta fin de semana, pero nós non perdemos o ritmo, fomos xogar un amigable contra o Domaio, un dos equipos mais fortes do Grupo VI. Despois deste partido, que por certo xogouse a un moi bo nivel, estou moi contento coas xogadoras e creo que contra Porriño están moi motivadas. O Porriño está facendo moi boa tempada e xa sabemos que en 2ª división galega cada ano é cambiante. Os equipos dunha tempada a outra poden mellorar moitísimo porque hai variación de xogadoras ou porque, simplemente, como é o noso caso, as nosas xogadoras evolucionan e medran e iso pásalle a todos. Porriño está, creo non equivocarme, a tres puntos e creo que ten un partido mais e está ahí a tiro de pedra e é unha motivación extra para elas para poder collernos na clasificación”.

“Iso débese, en xeral, porque os equipos evolucionaron e tamén hai outros equipos que involucionaron. Por decilo dalgunha maneira, no noso grupo hai como unha segmentación moi clara de catro ou cinco equipos da parte baixa que quen xoga contra eles suma fácilmente porque ou ben están empezando ou veñen do fútbol-8 ou teñen poucos efectivos. A 2ª división é unha Liga moi complicada e entón aquí, creo que o Porriño soubo sumar contra eses equipos, en cambio cando seus enfrontamentos foron con equipos da parte mais alta, como poder ser San Mateo, Pontellas, a semana pasada contra Lóstrego, perdeu eses partidos. Entón creo que vai ser un equipo difícil pero que vai a estar pola parte media da clasificación no tramo final”.

Amigable fin de semana
“No partido contra Domaio danse duas circunstancias. Era un equipo moi difícil con xogadoras de moita experiencia, pero de recente creación. Este ano creo que é a primeira vez que xoga a fútbol-11, pero son xogadoras que xa xogaron en fútbol-11 e, por outra parte, era un campo pequeño e un equipo coma nós, ao que lle gusta o control de balón, faise costa arriba pero as xogadoras souberon solucionar moi ben o partido”.

“Estou mais preocupado polo parón que polo partido do Porriño”

PERE TOBARUELA, adestrador da EFF Rosalía

Último partido do ano
“Este partido preocúpame en certa maneira. Evidentemente, creo que unha vitoria é un acicate para seguir traballando pero perocúpame mais o parón que vai a haber en nadal e retomar a competición depois de duas ou tres semanas so adestrando. Entón, fixemos unha boa planificación de adestramentos durante as festas para, polo menos seguir adestrando dous días para non parar e retomar a competición nas mellores condicións posibles porque despois do parón de nadal xogamos contra un dos rivais que, a priori, é mais forte e na sua casa, o San Mateo. Estou mais preocupado por iso que polo partido do Porriño. Un partido é un partido mais, a Liga son unha suma de partidos, non un só partido, pero, si, a ver si podemos acabar o ano cun bo sabor de boca”.

Comezo do 2023
“O calendario á volta do parón de nadal é emocionántisimo. Ir ao campo do San Mateo é un reto, un aliciente, xogar contra un equipo complicado e despois o derbo contra o Arenteiro, o partido que todas as xogadoras do equipo queren xogar e, para rematar, o que viña sendo ata a creación do Arenteiro o derbi contra a Cañiza, pois tamén é apetente  e a ver cómo solventamos este primer partido primeiro contra Porriño e eses tres e despois dunha primeira volta poder facer unha valoración máis exaustiba, xa que nos enfrontamos contra todos os rivais e ver cara a segunda volta como imos”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content