Cara e cruz na Liga Promesas

O Promesas ‘Azul’ cae derrotado fronte ao líder Mos, mentres que o ‘Amarelo’ enlaza a súa segunda vitoria consecutiva fronte a Tomiño.

Fin de semana de compromisos oficiais para os equipos da canteira da Escola de Fútbol Feminina Rosalía. O Promesas ‘Azul’ caeu derrotado ante a VDE Mos e o ‘Amarelo’ gañou ao Tomiño FCF na 9.ª xornada da liga Galega Promesas.

UD Mos-EFF Rosalía ‘Azul’
As de Feijóo e Javi perderon a domicilio fronte ao Mos no partido contra o rival máis da categoría e baixan un posto na táboa. As ‘avespas’ dominaron de principio a fin e demostraron porque son o líder do Grupo C con pleno de vitorias (8 de 8).

Boa imaxe do ‘Amarelo’ fronte a Tomiño.

EFF Rosalía ‘Amarelo’-Tomiño FCF
As pontinas sumaron outros tres puntos por segunda xornada consecutiva ao enlazar a vitoria no derbi ao partido disputado no Municipal de Oira este domingo. O conxunto de Manu e Carlos dominou o encontro desde o primeiro minuto cun bo xogo combinativo, xerando numerosas ocasións na área visitante. Con esta vitoria, o ‘Amarelo‘ escala ata o cuarto posto da táboa, superando ás súas compañeiras do ‘Azul‘ por gol-average.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content