A Escola de Fútbol Femenino Rosalía continúa o seu paso firme na Liga Galega Infantil cunha vitoria contundente por 4–0 ante o C.D. Valladares. Desde o asubío inicial, o equipo mostrou un dominio total sobre o partido, cun ritmo alto que lle permitiu impoñer o seu estilo de xogo desde o primeiro minuto.
Un arranque prometedor
O conxunto visitante, dirixido por Carlos Alonso e Manu, non deu tregua ao equipo rival. Desde o comezo, as xogadoras rosalianas fixéronse co control do balón, buscando a profundidade en cada acción e xerando perigo en cada ataque. Isabel Reyes, máxima goleadora do partido, abriu o marcador no minuto 12 cun disparo certeiro que sorprendeu á gardameta rival.
A pesar do dominio claro das pontinas, o Valladares tentou reaccionar, pero a defensa visitante estivo sólida, e as ocasións foron escasas para o conxunto local. O segundo gol chegou no minuto 30, cando Andrea Azahara, nunha xogada fortunita, aumentou a vantaxe cun gol en propia porta que non deu opción á porteira. Co 2-0 ao descanso, a vitoria parecía máis que encarrilada.
“O partido estivo dominado polas nosas xogadoras desde o asubío inicial”. Carlos Alonso, adestrador.
Sen fisuras na segunda parte
Tras o descanso, noso infantil mantivo o ritmo alto e seguiu presionando en todas as zonas do campo. Sara Moure selou o encontro no minuto 59′ cun golazo tras unha xogada colectiva que desbordou á defensa do Valladares. Non contentas co resultado, as visitantes seguiron atacando e, aos 76 minutos, Isabel Reyesvolveu aparecer para asinar o definitivo 4-0 e pechar a conta.
As palabras de Carlos Alonso
O adestrador Carlos destacou a superioridade do seu equipo: “O partido estivo dominado polas nosas xogadoras desde o asubío inicial. Quixemos impoñer un ritmo alto desde o principio, e aos poucos fomos gañando confianza, atopando á xogadora libre para xerar perigo. As dúas partes foron similares, cun dominador claro que foi contundente nas dúas áreas, sen correr ningún perigo. A pesar da vitoria, temos moito marxe de mellora en canto a propoñer o noso estilo de xogo.”




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino