O senior asina unha goleada solvente a domicilio

Os tantos de Sabela, Aldarita, Antía, Bouzas, Añón e Ainhoa selan en Teo o terceiro triunfo do noso equipo a domicilio.

A Escola de Fútbol Femenino Rosalía asinou unha vitoria contundente na súa visita ao Municipal de Rebordelo cun partido moi serio nun campo de dimensións reducidas. Golpearon antes do descanso, resistiron o empuxe local con intervencións de Karla e, tras axustar a presión, sentenciaron con máxima efectividade na continuación.

O choque comezou con atraso pola chegada do colexiado Botana Rey e disputouse nun campo de dimensións reducidas que propiciou un partido trabado e moi físico. As locais saíron fortes, ao minuto de xogo avisou Aurora tras un córner e, pouco despois, Alba probou desde fóra obrigando a Karla a despexar. Mismo resultado na seguinte chegada local. pase de Alba á carreira de Inmaculada e o seu tiro rexéitao a nosa gardameta. Entre medias, un centro-chute de Añón ao traveseiro a punto estivo de sorprender a Martina.

Superados os dez minutos de empuxar local, as de Alberto Tamayo empezaron a sentirse dominadoras e a crear ocasións. Así, o duelo decantouse en dúas poutada nos primeiros 45 minutos. Primeiro, no minuto 14’, unha gran acción colectiva pola dereita acabou co pase de Añón ao sector oposto para que Sabela controlase e definise pegado ao pau (0-1). O Calo replicou cunha ocasión clara de Inmaculada que desbaratou Karla co pé, xusto despois de que Sabela rozara o segundo nun tiro cruzado. Aos tres minutos sobre a media hora de xogo, aviso do que pasaría antes do descanso. Balón parado que executa Bouzas e o tiro de Añón desde a frontal sae desviado por pouco. A un minuto do final chegou o 0-2, obra de Aldarita. Unha falta lateral de Bouzas provoca o rexeite de Martina e a defensa empuxa na área pequena ao fondo da rede.

“Sabiamos que o campo nos pedía posesións curtas e precisión. Custounos atopar espazos ao principio, pero o equipo tivo paciencia e os goles chegaron en momentos clave”, Alberto Tamayo.

Máxima efectividade
Tras o intermedio, o Calo quixo apertar en bloque alto. Noa Ferro probou desde o centro nada máis sacar e Aurora esixiu de novo a Karla no 48′. O noso equipo asentouse e empezou a roubar arriba. Dunha recuperación na esquerda naceu o 0-3 no minuto 55′: secuencia SampiBouzas, apertura a Antía e derechazo desde o pico da área. As locais insistiron a balón parado e por fóra por medio de Alba, Inma e Eva (minutos 57’, 58’ e 59’), pero as de Tamayo golpearon con máxima efectividade. Transcorrían os minutos e no 72′, unha triangulación LosadaAinhoaNoui termina co penalti sobre esta última e Bouzas converteuno (0-4).

O tramo final confirmou a superioridade visitante. No 82’, córner de Bouzas e cabezazo de Añón ao fondo da rede (0-5); e no 87’, unha gran xogada coral —Antía recupera, conecta con Ainhoa e Samiguel, continuidade de Sampi e lategazo de Antía ao traveseiro— terminou con Ainhoa cazando o rebote para o 0-6. Aínda rozou Antía o sétimo cun disparo axustado a un minuto do final. Catro goles en cinco tiros tras o descanso para pechar unha actuación solvente e moi eficaz.

FICHA TÉCNICA
0-Calo: Martina, Verónica, Nerea (Carlota 82′), María (Eva 28′), Alba, Gabriela (Raquel 82’), Aurora, Inmaculada (Celia 67’), Noa Ferro, Lidia e Navia.
6-Rosalía: Karla; Lú (Ainhoa 69′), Aldarita, Sampi, Mihret (Sanmiguel 81′), Añón, Noui (Antía Rguez. 81′), Miriam, Sabela (Losada 64′), Bouzas e Aline (Antía 46′).

Goles:
0-1 (minuto 14) Sabela
0-2 (minuto 41) Aldarita
0-3 (minuto 55) Antía
0-4 (minuto 72) Bouzas (p)
0-5 (minuto 82) Añón
0-6 (minuto 87) Ainhoa

Tarxetas
Amarela (minuto 88) Losada

Partido completo: https://tiivii.gal/videodetail/3778

Check Also

Lóstrego ‘B’-Rosalía: esixente proba polo liderado

As ourensás visitan esta fin de semana o Novo Mirador de Beade para medirse ao …

Ir o contido