Candela Bouzas ca Selección Galega sub12

Hoxe á mañá recibíamos a gran noticia no clube. A nosa Candela Bouzas foi convocada para adestrar ca Selección Galega Sub12 no Campo Novo Milladoiro de Ames este martes ás 16:30.

A primeira convocatoria dunha xogadora do noso clube ca Selección Galega, todo un orgullo para nós xa que non escondemos que ese era un dos nosos obxectivos para esta tempada. Estamos seguros de que Candela Bouzas será a primeira de moitas e que nun futuro cercano non só xogadoras do Rosalía, senon tamén xogadoras do Verín, Maceda, Celanova, Peroxa, etc… serán habituais nas convocatorias das Irmandiñas en calqueira das súas categorías.

Estamos seguros que Candela deslumbrará co seu fútbol a seleccionadora

Queremos facer extensible o noso orgullo pola convocatoria de Candela o seu clube de procedencia, a Purísima que tan bo traballo está a facer con tan poucos medios dos que dispón, parabéns polo voso traballo!!!

Disfrutao Candela!!!

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content