O derbi promesas, unha festa do fútbol

As nosas promesas o pasado domingo sobre o verde do Monte da Aira

Festa do clube, derbi dos nosos dous equipos promesas, no mellor escenario posible, no Monte da Aira onde dende a nosa chegada o clube local o CD Velle fixo que nos sentíramos como na nosa casa.

O derbi da primeira volta fora moi igualado e a imaxe que viñan dando as nosas pequenas do promesas “B” de Juanma Bello nas últimas datas moi esperanzadora, con empates de mérito en sendas remontadas fronte o segundo e terceiro clasificado. Pero a historia foi ben distinta, as rapazas de Alba tiñan ante si a posibilidade de matemáticamente asegurarse o primeiro posto da categoría sur e sairon moi enchufadas. Eso, unido a que as de Juanma Bello non tiveron o seu mellor día, fixo que o partido fora máis desigual do que todos agardábamos.

Candela Bouzas nun lance do xogo

Quedan dúas xornadas para rematar a primeira fase da Liga Promesas. O “A” xa ten asegurado o seu billete para loitar polo título cas mellores do norte e do sur e as pequenas do “B” disputarán unha competición co mesmo número de partidos cas súas compañeiras, cas clasificadas na metade da tabla para abaixo do grupo norte e sur.

Esta segunda parte da liga disputarase polo método de concentracións e Ourense será sede dunha delas. Esperemos que os nosos dous equipos disfruten desta segunda fase e poidan seguir co seu desarrollo integral como futbolistas e o máis importante, como personas. A seguir disfrutando!!!

Lembrade que tedes unha amplia Galería Fotográfica do derbi na sección da nosa web.

Check Also

Vitoria de autoridade do Alevín en Vigo

As alevíns asinaron un partido moi completo e levaron os tres puntos tras un brillante …

Ir o contido