A EFF Rosalía inicia hoxe a pretemporada 2026/27

As 21 xogadoras citadas por Alberto Tamayo comenzarán o traballo físico esta tarde, ás 17.30 horas, nas instalacións municipais de Oira.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía 2026/27 arrinca esta tarde a súa pretemporada. Unha vez completados os correspondentes recoñecementos médicos e físicos, as 21 xogadoras convocadas por Alberto Tamayo iniciarán ás 17.30 horas o traballo sobre o terreo de xogo nas instalacións municipais de Oira.

O equipo comeza así varias semanas de preparación coa mirada posta no seu histórico debut en 3ª RFEF, previsto para o próximo 13 de setembro. O rival, o escenario e o horario do encontro inaugural están aínda pendentes de confirmación.

Check Also

Rosalía conquista a Copa Deputación tras unha final inesquecible

As de Alberto Tamayo proclamáronse campioas da IV Copa Deputación despois dunha final épica ante …