A EFF Rosalía queda encadrada no Grupo VI

Con Miguel Saa á fronte por segunda tempada consecutiva, o equipo senior quedou encadrado no Grupo VI.

Logo de mais de mes e medio de adestramentos, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía xa coñece as que serán as suas rivais na 2ª División Autonómica Feminina. En reunión telemática, a Federación Galega de Fútbol deu a coñecer a distribución dos grupos que conforman a segunda categoría autonómica e o plan competicional da que será a cuarta temporada do club pontino na categoría. Unha categoría que contará con 66 representantes divididos en seis grupos.

Logo de competir a pasada campaña cos equipos do sur de Lugo, as azuis volverán medirse aos representantes da zona sur de Pontevedra. O Grupo VI estará conformado polos seguintes equipos:

  • C.F. Cañiza
  • Balaidos C.F.
  • Club Peñasco
  • C.D. Valladares
  • Racing de Vilariño
  • Lóstrego C.F. “B”
  • Gondomar Fútbol Base
  • Porriño Industrial
  • U.D. Mos “B”
  • Sporting Club San Mateo
  • Escuela de Fútbol Femenino Rosalía

A competición 2021/22 terá dúas fases, unha fase regular de ida e volta que dirimirá os catro equipos clasificados para a fase de ascenso, mentres que do quinto ao noveno de cada grupo e os dous mellores décimos disputarán a chamada “Copa consolación”. A fecha de comezo será o 24 de outubro e o calendario oficial estará confeccionado a semana que ven.

“O grupo é máis esixente que o da tempada pasada”

Miguel Saa, adestrador EFF Rosalía Senior

Unha vez coñecido o grupo e plan competicional, Miguel Saa fixo unha valoración dos rivais aos medios do club: “O grupo é máis esixente que o da tempada pasada. Un grupo con filiales e coa permisibilidad da Federación feminina de que as xogadoras dobren en dous equipos, vantaxe que fai que os filiales sexan sempre favoritos. Ademais hai varios equipos compostos por xogadoras veteranas e atoparémonos/atoparémosnos campos diferentes ao que estamos afeitas xogar”.

Formato Liga
“Gústame o formato liga, xa que 20 partidos acaba demostrando que tes que tratar de ser un equipo regular, o que segue sen ter sentido é que despois teñas que xogar eliminatorias a un partido”.

Ascenso
“Ascender en segunda é unha lotería e un reto para o que seguiremos traballando”

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido