Configurada a 1ª Liga Galega Feminina Cadete

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía competirá na 1ª Liga Galega Cadete xunto a outros nove equipos do norte e sur.

A Real Federación Galega de Fútbol decidiu crear unha nova competición autonómica feminina, a Liga Cadete, na que a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía formará parte xunto a outros nove equipos do norte e sur da comunidade nun único grupo competicional:

  • Victoria C.F.
  • Orzán S.D.
  • S.C.D. Milagrosa
  • Caldas C.F.
  • Umia C.F.
  • Sárdoma C.F.
  • U.D. Mos
  • SP.C. San Mateo
  • Lóstrego C.F.
  • E.F.F. Rosalía

Unha vez coñecido o calendario oficial, a RFGF xa confirmou a data de comezo da tempada 2021/22. A Fase Regular comezará o 23 de outubro e terminará o 26 de marzo logo de 18 xornadas nunha Liga a dobre volta. Os catro primeiros clasificados accederán ás semifinais que decidirán os dous equipos que se xogarán o título, a dobre partido, a primeira semana de maio. Pola súa banda, os equipos entre o quinto e décimo disputarán o chamado “Título de consolación” nunha competición ligueira a unha soa volta.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía viaxará a Coruña para visitar a un dos favoritos a levarse o título, o Victoria CF, na primeira xornada, rematando a Fase regular recibindo no Monte da Aira ao Umia CF.

Calendario primeira volta:

  • Xornada 1: Victoria CF vs EFF Rosalía
  • Xornada 2: EFF Rosalía vs Orzán SD
  • Xornada 3: Caldas CF vs EFF Rosalía
  • Xornada 4: EFF Rosalía vs UD Mos
  • Xornada 5: Sárdoma CF vs EFF Rosalía
  • Xornada 6: EFF Rosalía vs Lóstrego CF
  • Xornada 7: SCD Milagrosa vs EFF Rosalía
  • Xornada 8: EFF Rosalía vs SpC San Mateo
  • Xornada 9: Umia CF vs EFF Rosalía

“O obxectivo será xogar cada día mellor”

Jorge Sobrino, adestrador da EFF Rosalía Cadete

Jorge Sobrino, adestrador do Cadete atendeu aos medios do club ao coñecer o plan competicional: “Formouse un grupo ambicioso, con equipos de moita tradición no fútbol feminino galego pero as miñas xogadoras están con ganas de traballar e estou moi contento con elas. Ainda hai cousas por pulir pero de momento van no bo camiño”. Na primeira temporada na categoría o técnico foi moi claro “O obxectivo será xogar cada día mellor e preparalas para o salto ao equipo senior e cheguen o mellor preparadas posible”, rematou dicindo.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content