Un gol de Candela Bouzas nada máis volver do descanso deu unha vitoria de oficio ante o Burgo no Municipal A Lavandeira.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía suma unha vitoria de oficio ante o Sporting Burgo no Municipal A Lavandeira, na 4.ª xornada de a Primeira División Galega Arzúa–Ulloa DOP. Tres puntos valiosos tras un encontro áspero no que as pontinas axustaron pezas no intermedio para impoñer o seu plan na continuación.
O choque arrincou con aviso visitante. Tan só dous minutos despois do pitido inicial, Mihret recuperou e filtrou ao desmarque de Sara, cuxo man a man o desbaratou Lara. O partido, moi condicionado polas reducidas dimensións do campo, servio para que as locais adiantaran a súa zaga forzando varios foras de xogo que cortaron a profundidade do Rosalía (4 os primeiros vinte minutos). A resposta local nas botas de Aroa, que probou de lonxe en duas ocasións (minutos 6’ e 28’) sen atinar entre os tres paus. Pola Nosa banda, Bouzas obrigou a Lara a blocar en dous tempos (minuto 17’). A primeira metade quedou marcada pola lesión de Mihret no minuto 20′ (entrou Miriam) e a de Sara no 45+1’, polo golpe fortuito cunha rival.
Tras a charla en vestiarios, as azuis elevaron metros e afogaron a saída local. No 47’, un ataque pola dereita terminou cun centro-chute de Bouzas que se envenenó e acabou dentro para subir 0–1 ao marcador. A partir de aí, control de espazos e transición medida sen moitas ocasións. A máis clara para sentenciar chegou ao 80’. Combinación pola dereita entre Miriam e Losada e remate de Noui en área pequena que marchou por pouco.
A parte positiva, os tres puntos. Con este triunfo, as ‘azuis’ suman 10 puntos e mantéñense cuartas tras catro xornadas, no grupo de cabeza. “Temos marxe de mellora con balón: debemos ser máis pacientes e precisas no último terzo. Toca recuperar, adestrar ben e pensar xa na próxima xornada. Este equipo compite e quere máis”, declarou Alberto Tamayo á nosa web.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino