O noso equipo afronta mañá domingo a última xornada da primeira volta (16:30h, Municipal Castro Seoane).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá domingo (16.30 h) no Campo Municipal De Castro Seoane o último partido da primeira volta. As pontinas visitan á S.D. Antas co obxectivo de pechar o tramo inicial do campionato con boas sensacións e manter a súa liña competitiva.
O equipo de Alberto Tamayo visita ao Antas co obxectivo de manter a súa dinámica e seguir firme na parte alta. As ‘azuis’ chegan como líderes con 38 puntos e e uns rexistros moi sólidos (42 goles a favor e 10 en contra). Nas últimas xornadas, noso sénior confirmou a súa solidez con triunfos ante rivais da zona media-alta, reforzando sensacións e confianza para a segunda parte da competición.
“Imos a un campo complicado ante un rival moi traballado. Se queremos seguir arriba, temos que competir con máxima intensidade desde o primeiro minuto”, Alberto Tamayo.
“Estou seguro de que a actitude, a concentración e o compromiso van estar aí para competir ben e traer un bo resultado”, sinalou o noso técnico na previa. O adestrador da EFF Rosalía, que para este encontro poderá contar con Mihret nas súas filas, convocou a estas xogadoras. Tamén estará Noui, máxima goleadora do equipo, que asinou un dobrete na pasada xornada.

O rival
A S.D. Antas é actualmente sexta con 28 puntos (34 GF / 20 GC), un equipo competitivo, con bos rexistros globais e capaz de alternar fases de dominio con momentos de repregamento e saída rápida. Un dato relevante é o seu rendemento: en casa suma 4 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, mentres que fóra se mantén invicta, o que fala dun bloque con recursos e personalidade para competir en distintos escenarios. No apartado individual, destaca a súa capacidade para xerar gol. Jenny figura entre as máximas anotadoras do campionato con 9 goles, acompañada por futbolistas con impacto ofensivo como Nuria Louzao (6) e Rebeca (5).




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino