A EFF Rosalía volve gañar a domicilio

Feijóo marcou o primeiro gol, Yadira aumentou a distancia e a EFF Rosalía sentenciou na segunda metade cun tanto de Aldarita, outro de Sabela e un dobrete de Vicky.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía non perde impulso e sumou tres puntos máis fronte ao San Roque no Municipal de Samil. As de Tobaruela, que volven gañar a domicilio, consolidan a súa segunda praza na clasificación da liga tras lograr o seu sétimo triunfo no campionato nun encontro que se puxo de face co gol de Feijóo ao catorce minutos. Aumnetó distancias Yadira dez minutos despois e na segunda metade, o noso equipo selou a vitoria cun gol de Aldarita e outro de Sabela, preámbulo do dobrete final de Vicky. Gran partido da dianteira, que xero moitos problemas á defensa local e asinou os dous últimos tantos.

Houbo que esperar un pouco para que o noso equipo estrease o marcador. Ao bordo do cuarto de hora. A xogada iniciouse cun roubou do balón en bordo de área rival, o esférico engánchao Feijóo de primeiras, o seu chute cóase pola escuadra ao fondo da rede. Tras o tanto, o noso equipo non cedeu terreo ante un rival cerrado atrás e ampliou distancias no 24’ cun lanzamento de falta de Fara que rematou Yadira dentro da portería defendida por Candela.

O noso equipo seguía dominando e San Roque non cedía na súa intensidade defensiva ao bordo da legalidade nalgunhas xogadas illadas. Tras o paso polos vestiarios, a primeira chegou no 49’. Aldarita realiza unha parede con Feijóo que deixou á a centrocampista nun man a man con Candela. A xunqueirá remata forte e raso axustado ao pau para aumentar as distancias. A resposta local non chegou ata o 65′ cunha cuádrupla ocasión que non tivo premio. As pontinas tiñan que reaccionar e logran marcar no 70’ nunha xogada na que Sabela remata á rede desde área grande (0-4).

‘Dobrete’ de Vicky
Tobaruela deu entrada a Vicky por Chao no 57′ e a pequena dianteira converteuse nun pesadelo para as centrais locais. O premio, a base de goles chegou no 76′. A xogada iniciouna Fara a balón parado nun xogada moi parecida ao primeiro gol e continuouna Vicky marcando adiantándose ao seu par. E no 88′, co estímulo do gol anterior, chegou sexto. Foi obra de Vicky cun zapatazo coa dereita no man a man coa gardameta rival. A ourensá vía porta así por segundo partido consecutivo e xa é a segunda máxima goleadora do segundo clasificado na Liga.

Tobaruela analizaba o partido ao remate do mesmo: “Xogamos un encontro moi completo ante unhas rivais que se defenderon con moita dureza. Dominamos en todo momento o ritmo do partido con velocidade de balón e gran amplitude. Estou satisfeito pola actitude amosada polas 16 xogadoras convocadas. Partido a partido o nivel do equipo vai a máis e iso é moi positivo. Esta semana toca seguir traballando na liña de pulir erros e consolidar acertos”.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content