A pola vitoria en Vigo

O noso senior busca no Municipal de Samil o seu terceiro triunfo a domicilio no campionato (20:00 h, domingo).

Despois de prolongar o seu pleno de triunfos en lel Municipal de Oira ao gañar ao Ponteareas o domingo pasado en casa, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta a 8ª xornada de Liga (20:00 h, Municipal de Samil). O noso equipo mídese ao San Roque Casablanca co obxectivo de sumar a terceira vitoria a domicilio no campionato tras as obtidas contra Balaidos e Villarino.

As pontinas visitan Samil antes de encarar o último partido do ano en casa. Despois do duelo desta noite, as de Tobaruela terán o parón pola ponte da constitución. Sete días máis tarde, recibirán na Ponte o domingo 18 ao Porriño Industrial no décimo partido de Liga.

“As claves do partido do domingo son, por unha parte manter a portería a cero, por non ter que remontar e segundo, ter a chave para abrir, creo que unha defensa férrea que vai a exercer o San Roque”, comentou Tobaruela na rolda de prensa previa. Na convocatoria do técnico catalán non faltan Vicky e Zaira, goleadoras no último encontro do campionato. Ambas atravesan un gran momento de cara a portería. Polo menos unha dos dous marcou no últimos tres encontros de Liga nos que a EFF Rosalía gañou (Ponteareas, Unión Guardesa e Vilariño).

CONVOCATORIA EFF ROSALIA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Laura, Lú, Yadira, Sabela, Feijóo e Noa.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Ester e Fara.
Dianteiras: Noui, Chao, Vicky e Zaira.

Valeria volve a unha convocatoria.

San Roque
O conxunto vigués arrinca a xornada sexto na clasificación con trece puntos. Seis deles logrounos no Municipal de Samil tras gañar a Unión Guardesa (3-1) e fronte a Gondomar (4-0). Naiara e Laura son as máximas goleadoras do San Roque, con cinco e tres dianas cada unha.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content