A EFF Rosalía xogará o seu primeiro amistoso ante o Lóstrego CF Gondomar

Esixente debut para as xogadoras do equipo senior na súa estrea na tempada 2020/21 coa visita a un dos equipos máis fortes da categoría.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía xogará o seu primeiro partido amistoso de pretempada ante o Lóstrego C.F. Gondomar o vindeiro domingo ás 12 h no Campo de Chaín, a porta pechada. Visita a un equipo de nova creación pero con moitas xogadoras experimentadas, o que converten ao Lóstrego nun dos favoritos ao ascenso na súa primeira tempada na 2ª división autonómica feminina.

O equipo dirixido por Gabi Couñago, ex adestrador do CD Valladares feminino de Primeira Nacional, conta con moitas das xogadoras que o acompañaron no seu periplo no seu ex club e que de feito axudaron a fundar o Lóstrego CF asumindo nalgún caso labores de directivas.
Xogadoras como Anita, Alex Pichel, “Peque”, as xemelgas Marta e Carla Carballo ou a celanovesa Helena Ferreiro (entre outras) son un auténtico luxo para un conxunto da 2ª autonómica.

Moi esixente estrea para o xoven plantel azul cun partido co que poderá seguir preparando unha impredecible campaña sen confirmación de que vaia a comezar, na que se cruzan os rumores de posibles fechas pero oficialmente non hai nada confirmado dende a Federación Galega de Fútbol.

Despois de 10 meses sen partidos e duas pretempadas, as azuis xa teñen gañas de voltar a sentirse futbolistas ao enfrentarse a outro equipo. O equipo chega ao partido coas baixas xa anunciadas de Noa Fírvida, Isabel, Judith, Marta e Lucía Vázquez, Cae Vizcaya, Patricia e Andrea, que deixaron o equipo pero coas altas de Marta Montes e Lidia, que suben dende a EFF Rosalía Infantil, Marta Besada e varias xogadoras que están a proba ás ordes de Miguel Saa.

Ainara realizando estiramientos nun dos adestramentos.

En declaracións á nosa web, Ainara Freiría destaca que “estabamos esperando que chegase o momento de volver disputar partidos e recuperar unha certa “normalidad”, algo co que concorda co adestrador “as mozas teñen moitas ganas de poder volver sentirse futbolistas e veremos si non temos un exceso de nervios”.

“A verdade é que logo de tanto tempo sen xogar a palabra partido xa nos resulta imponente sexa contra o rival que sexa , pero que sexa contra un rival forte fará que deamos o mellor de nós e empecemos a recuperar a rutina , non nos asusta ningún rival pero temos que dar a mellor versión de cada unha para poder plantarlles cara”, sinalou a centrocampista.

As de Miguel Saa continuarán, despois do encontro do domingo, preparando a súa estrea da tempada 2010/21 o martes 19 de xaneiro no primeiro adestramento da semana.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content