Saa: “Isto é o que estábamos esperando e, por fin, nos imos a enfrontar a alguén”

Miguel Saa atendeu aos medios de comunicación do club na roda de prensa previa á disputa do primeiro amistoso de pretempada, no que a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía enfrontarase ao Lóstrego CF Gondomar en Chaín (domingo, 12:00 h): “Había gañas de ter polo menos un amistoso para que ao final poidamos ir vendo un partido, situación máis parecidas a realidade e ir probándonos xogando contra rivais”.

Motivadas cara o primeiro partido
“Eu véxoas con bastante gañas. A verdade é que se lles viña dicindo que se buscaría unha data cando as posibilidades pola pandemia nos deixasen xogar e están con moitas gañas de poder xogar”.

Plantilla curta
“Finalmente quedamos cunha plantilla bastante curta, estamos 15 xogadoras, pero bueno, eu penso que fisicamente teñen que aguantar xa que levan traballado bastante ben e terán que arrimar o ombreiro un pouco máis do normal pero bueno, quizás sexa o maior hándicap pero teñen que tratar de solucionalo con máis esforzo”.

CF Lóstrego Gondomar
“Pensando neste partido non nos fixamos demasiado de quen é o rival, imos intentar facer o que temos nós na cabeza e tratar de xogar nós sen pensar en quen está enfronte. Non nos vai a condicionar demasiado iso”.

Unha única baixa
“María non está porque non pode, senón sería a primeira e con máis gañas de xogar. O resto están a tope, eu penso que non hai dúbida ao respecto”.

Voltar a xogar
“Ao final a todos nos gusta competir, sexa un partido amigable, sexa competición, adestrar está moi ben, intentámolo facer o máis dinámico posible pero a competición é o que calquera futbolista lle gusta. Isto é o que estábamos esperando e, por fin, nos imos a enfrontar a alguén”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content