Bea renova o seu contrato coa EFF Rosalía

A defensa chantadina de 19 anos completará a súa segunda campaña de azul coa renovación asinada esta semana.

Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Beatriz López (Chantada, Lugo, 2001) chegaron a un acordo para o seu renovación de contrato por unha tempada máis, é dicir ata o 30 de xuño de 2022, ampliable a outro ano máis por mutuo acordo.

Bea, completou a súa primeira campaña vestindo de azul, na que participou en 8 encontros oficiais entre Liga e playoffs. Sendo titular en seis deles pero ainda non se estrenou cara a portería contraria.

A defensa atendeu aos medios oficiais do club nada mais terminar o acto protocolario da firma de contrato: “Despois da anterior tempada e a pesar da sua curta duración, sentinme de maravilla é cun magnífico ambiente. Iso sumado a que sigo estudando en Ourense foi polo que decidin a seguir no Rosalía“. A pesar de ser nova no grupo, Bea destaca o seu primeiro ano de azul como “Fantástico, tanto coas compañeiras coma cos adestradores a tempada pasada foi fantástica”.

“A nivel colectivo creo que o que esperamos todas é conseguir un ascenso. Foi unha pena o da anterior tempada pero creo que son dous partidos onde se aprende. A nivel individual espero seguir aprendendo e mellorando”, sinalou a chantadina sobre a campaña que comeza.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content