O Infantil confirma seu primeiro fichaxe procedente do CD Velle

O Infantil, unha vez creado o equipo Cadete, sufrirá unha gran renovación e Ainara será a sua primeira incorporación.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía terá que acometer unha profunda reestructuración cara á tempada que se aveciña, unha vez consumada a creación do equipo cadete. O Infantil azul comezou xa a reforzarse de cara á campaña que vén. Ainara Tena é nova futbolista da EFF Rosalía. A caldelá, é a primeira incorporación e firma por unha tempada.

Segundo a parcela deportiva do club “é un reforzo que vai reforzar a nosa línea defensiva dun equipo infantil que queda moi debilitado competitivamente ca creación da categoría cadete. Ainara, que ven de xogar co alevín de CD Velle é unha xogadora de primeiro ano moi poderosa físicamente que terá moitas responsabilidades dentro do equipo”.

Ainara, feliz, á hora de firmar pola EFF Rosalía.

A futbolista, en declaracións á web do club, mostrouse moi feliz por esta nova aventura. “Chego ao Rosalía con moita ilusión e gañas de medrar xunto as miñas novas compañeiras”.

“Decidín cambiar de escudo porque neste momento quería un cambio e ao coñecer algunhas das que serán miñas novas compañeiras, a mellor opción pareceume dar o paso de fichar pola EFF Rosalía”.

Ela mesma se define como “Defensiva, contundente, con bo tiro de falta coa perna esquerda e con gañas de mellorar individualmente o meu xogo e co equipo xogar, divertirme e sobre todo intentar gañar”.

A xogadora caldelá, formada en CD Velle, ao que chegou en 2018 en idade benxamín pode xogar en distintas posicións. Unha versatilidad que saberá explotar Diego e María, ao poder ocupar calquera posto en banda esquerda e ata puntualmente podería xogar en punta.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content