Boa imaxe das peques en Mos e victoria do “A” en Arousa

A Liga Promesas este fin de semana deparábanos dous desprazamentos. O sábado ó mediodía xogaban as peques do Rosalía “B” en Mos, despois da sorpresa que nos diron a pasada semana en Velle a modo de bo xogo e victoria fronte ó San Mateo.  

Volveron as nosas a facer un gran partido, impresionante solidaridade de todo o equipo traballando e pelexando cada balón a pesar da diferencia física contra as rivais. Ao descanso a victoria momentanea era para o Rosalía ó adiantarse cun tiro lonxano de Laura.

Na segunda metade de xogo a superioridade física levou ó partido para as locais e con varios tiros lonxanos lograron por no marcador o resultado final de victoria para o Mos.

Parabéns pequenas pola maravillosa imaxe que dades cada vez que vos enfundades a azul do Rosalía.

O domingo o mediodía era turno para o Rosalía “A”. Medíanse na Pelada o Atlético Arousana, rival que na primeira xornada vencera cómodamente o seu partido na sua visita ó Viaxes Interrías.

Supoñíase unha visita complicada e foino pola intensidade do partido, pero este equipo parece que ten fame de sobrepoñerse a todas adversidades e foi quen de levarse unha cómoda victoria dun complicado desprazamento ante un dos equipos chamados a perder poucos puntos como local.

Agradecer a todos os pais desprazados ata os campos de xogo as fotos que nos enviades para poder ilustrar as novas da web.

As próximas citas para os nosos equipos serán como local no Monte da Aira. O sábado ás 11:30:

– Rosalía “A” vs Valladares

– Rosalía “B” vs Umia

Sorte os dous equipos e a seguir facendo un tan bo traballo!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content