O noso clube converteuse no PRIMEIRO CLUBE FEMININO DO MUNDO e a sua vez o PRIMEIRO CLUBE ESPAÑOL en tódolos ámbitos, en ser membro de tal organización.
Organización da que xa forman parte xogadores mundialmente coñecidos como Hummels (Bayern Munich), Chiellini (Juventus), K. Schmeichel (Leicester City), as estrelas do fútbol feminino Alex Morgan, Irene Paredes e Vero Boquete (internacionais españolas) ou o ex-xogador Eric Cantoná.
Na web de Common Goal relatan o seu proxecto da seguinte maneira:
“Para moitos, o xogo forma comunidade. Une ás persoas e crea unha linguaxe común que todos poden falar. E para algúns, xa serve como unha ferramenta poderosa para enfrontar os desafíos sociais nas suas comunidades, pero non existe un vínculo sistémico entre o xogo profesional e as moitas organizacións de fútbol baseadas na comunidade en todo o mundo.
O crear un vínculo máis completo entre xogadores de fútbol, xerentes, siareiros, organizacións, marcas e fútbol para boas organizacións, podemos unirnos á comunidade futbolística mundial nun equipo suficientemente grande e suficientemente forte como para enfrontar ós opoñentes máis difíciles do mundo contra o VIH / SIDA á desigualdade de xénero ó desempleo xuvenil.
A idea é sinxela. Os membros de Common Goal prometen o 1% das súas ganancias a un fondo central. E xuntos asignamos este fondo a organizacións de alto impacto que aproveiten ó poder do fútbol para propor ós obxectivos globais das Nacións Unidas.”
Como entendemos que, dende o deporte en xeral e o fútbol en particular, tamén se poden ensinar valores e axudar á sociedade, tomamos a decisión de aportar o noso gran de area a tan importante proxecto.