Cacheiras-Rosalía: último test da pretemporada

As de Tobaruela visitan a localidade coruñesa de Teo no seu sexto encontro de preparación (17:00 h, Municipal dá Cañoteira)

Termina a pretemporada para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía. As pontinas visitarán o Municipal dá Cañoteira en Teo (Coruña) neste sexto e último amigable. O senior medirase ao Cacheiras, equipo pertencente ao Grupo IV da 2ª División Autonómica Feminina (17:00 h). As de Tobaruela darán inicio á liga o vindeiro domingo, 2 de outubro, ainda que o rival ainda non se sabe a pesar de faltar soamente 7 días.

O Senior tratará de chegar á estrea ligueira da mellor forma posible, e para iso buscarán cerrar a pretemporada sumando o seu terceiro partido invicto. O Cacheiras tamén afronta o seu último encontro de preparación, e ata a data cultivou tres vitorias e un empate, sen encaixar goles en ningún dos encontros.

O técnico citou a 16 xogadoras para o encontro de mañá, coas novidades das Cadetes Alma e Miriam. Son baixas por diferentes motivos físicos Feijóo, Valeria, Yadira, Silvia Sampayo e Vicky.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Matilde, Laura, Noa, Lucía, Sabela e Miriam.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Aroa, Candela Bouzas, Ester e Alma.
Dianteiras: Silvia Chao, Zaira e Noi.

Co partido desta fin de semana serán seis os encontros que disputará a Escola de Fútbol Feminina Rosalía en pretemporada, polo que tentará terminala cunha vitoria que lle de aínda máis confianza para o inicio de liga da próxima fin de semana.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content