Os dous equipos pasarán a denominarse ‘Amarelo’ e ‘Azul’, respectivamente
A directiva da Escola Feminina Rosalía, xunto á dirección deportiva ha decidido cambiar a denominación dos dous equipos de base que compiten na liga Galega Promesas Feminina. Desde a súa creación, ambos os equipos recibían o sobrenome de Promesas ‘A’ e Promesas ‘B’, nomes que a partir desta campaña pasarán a denominarse ‘Amarelo’ e ‘Azul’.
Alberto Tamayo, director deportivo do club sinalou que “a decisión chega despois de falar directiva e dirección deportiva e acabar coas suspicacias de que no equipo ‘A’ están as xogadoras, por dicilo dalgún maneira, máis hábiles e no ‘B’ as menos. Desta maneira, os equipos pasan a denominarse ‘Amarelo’ e ‘Azul’ en consonancia coas cores do club”.
Noso presidente, Mario Gómez, pola súa parte indicou: ”A nosa idea inicial esta tempada era mesturar os equipos promesas para ter dous equipos en certa medida similares, o problema iba a xurdir co equipo que levara a letra ”B” de apelido. Foi entón cando me enterei que na base do Club Ourense Baloncesto esa dificultade solvéntana dándolle aos equipos a denominación das cores do clube, casualmente azul e amarelo tamén; solución que comentamos entre dirección deportiva e a directiva e que á Federación Galega lles resultou do seu agrado”.
Por tanto, desde a tempada 2022/2023 os equipos da liga Promesas denominaranse Promesas ‘Amarelo’ e Promesas ‘Azul’, sendo igualmente o primeiro equipamento de cor azul e a segunda amarela.