As de Quique e Castro gañaron ao Arousana grazas a un dobrete de Sara, con golazo incluído, e outro tanto de Sofía.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía fíxose co triunfo no Municipal de Oira. As pontinas tiveron que remar ao contraxeito ao adiantarse as visitantes nos primeiros minutos de xogo, remontando no primeiro tempo con un dobrete de Sara. Sofía asegurou o triunfo na segunda metade con outro tanto. As de Quique e Castro encadean tres vitorias consecutivas e están empatadas a puntos co segundo clasificado, Pastoriza.
Partido moi disputado, marcado pola alta temperatura e a necesidade dos dous equipos de puntos para engarcharse a parte alta da clasificación. As azuis comezaron faltas de ritmo e intensidade e cunha deixadez impropia do noso equipo. Estábase a repetir o mesmo erro que no partido da primeira volta e que custou caro en forma de derrota. Debido a esa falta de tension, o Arousana iase adiantar no marcador á saida dun saque de esquina e un remate de cabeza fantástico de Silva. O gol visitante servir de ‘espertador’ e sete minutos máis tarde, chegou o empate. Rápida transición de Andrea e Sara que remata a dianteira cun disparo cruzado ao que non chega Thais (1-1, minuto 11′). A partir do empate viuse ao equipo recoñecible de anteriores encontros e froito desa melloría, ao cumplirse a media hora de xogo, culminouse a remontada co segundo gol de Sara. A dianteira firma un golazo de falta directa desde 30 metros.
Rosalía sentencia
O noso Infantil seguiu insistindo en busca do terceiro gol tras a continuación, convencidas de conseguilo. E así foi á hora de xogo nunha xogada ensaiada de saque de esquina cando chegou o 3-1. Dous para un de Sara e Aline, a defensa penetra no área e cede a zona de peligro rival para que Sofia sentencie o partido.
“Os resultados do último mes son un premio ao esforzo e dedicación das nenas nos adestramentos, nada e casualidade”, resaltou Castro ao remate do encontro.